Pablo Jesús Rodríguez Fernández, alcumado Pablo Tineo, nado en Tinéu o 24 de febreiro de 1998, é un futbolista español, que xoga como centrocampista no Covadonga, da Segunda División RFEF.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no Tineo, ata que en idade cadete ingresou na canteira do Real Oviedo. Xogou co equipo xuvenil do club ovetense na División de Honra e rematada a súa etapa xuvenil fichou polo Avilés, da Terceira División. Militou unha campaña no clu avilesino e outra no Praviano, antes de dar o salto á Segunda B na tempada 2019/20, cando asinou co Langreo.

En 2020 fichou polo Covadonga, e tras dous anos con problemas de lesións, comezou a destacar durante a tempada 2022/23.

Notas

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Tinéu Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Avilés CF Categoría:Xogadores do UP Langreo Categoría:Xogadores do CD Covadonga