O galactitol ou dulcitol (dulcitaMCE Dulcite (dulcitol)) é un azucre-alcohol, o produto da redución da galactosa. Ten un sabor lixeiramente doce. Nas persoas con deficiencia de galactoquinase, unha forma de galactosemia, o exceso de dulcitol que se forma no cristalino do ollo contribúe a xerar cataratas.
O galactitol prodúcese a partir da galactosa nunha reacción catalizada pola aldosa redutase.
O outro defecto común do metabolismo da galactosa é a deficiencia en galactosa-1-fosfato uridililtransferase, un trastorno autosómico recesivo, que tamén causa unha acumulación de galactitol como resultado do incremento de concentracións de galactosa-1-fosfato e galactosa. Este trastorno orixina cataratas pola acumulación de galactitol.
Notas
Categoría:Compostos químicos Categoría:Adozantes