Stephen M. Album, nado en Nova York o 31 de decembro de 1942, é un numismático estadounidense especializado en moeda islámica.
Traxectoria
Stephen M. Album, nado en Nova York en 1942, cursou os seus estudos superiores de Matemáticas na Universidade de California en Berkeley, onde se graduou en 1963. En 1971 acadou o seu mestrado en Estudos de Oriente Próximo, na mesma universidade.Smith, P. (2012)."Stephen Album voted 2003 Huntington recipient". American Numismatic Society (Numismatics.org)."Steve Album". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. 2021. Páxina 10.
A vinculación de Album á numismática comezou en 1960, e a partir de 1975 dedicuose por completo a esta rama do saber, ata se converter nun experto nas emisións do mundo islámico, tanto desde o punto de vista académico como desde o comercial."Our Staff: Stephen Album". Stephen Album Rare Coins (Db.stephenalbum.com).
En 1977 publicou unha versión totalmente reescrita da obra de William Marsden Numismata Orientalia Illustrata, unha guía para o coleccionismo de moedas islámicas e orientais. Ootro dos seus traballos máis salientables foi a súa contribuciión con tres dos dez volumes na obra monuimental Sylloge of Islamic Coins, que cataloga as moedas islámicas da colección do Museo Ashmolean, de Oxford.
En 1976, Stephen Album estableceu un comercio numismático especializado nas poxas de moedas raras, sinaladamente islámicas e orientais."Our Company". Stephen Album Rare Coins (Db.stephenalbum.com).
Entre outras scoiedades eruditas, Album é membro da American Numismatic Society, de Nova York."ANS Fellows 2023". American Numismatic Society (Numismatics.org).
Recoñecementos
2000 e 2005: Premio Samir Shamma, da Royal Numismatic Society, de Londres."The Samir Shamma Prize for Islamic Numismatics". The Royal Numismatic Society. 2003: Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."The Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. 2004: Doutor Honoris Causa pola Universidade de Tubinga. 2021: inclusión na listaxe de persoas máis influentes en en Numismática no períoso 1960-2020, pola revista Coin World.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Stephen Album ao longo da súa traxectoria:
(1971-1974). Catalogue of California Trade Tokens. S. Album, Berkeley. (1971). Vol. 1. Nothern California. (1974). Vol. 2. Southern California and San Francisco. (1971). California Trade Token Place Names in 1971 (con D. Feisel). (1977). Marsden's Numismata orientalia illustrata. ISBN 978-0915018161 (1980). California '76: Tokens and Medals of the American Revolution (con D. Feisel). (1993). A Cheklist of Islamic Coins.S. Album, Berkeley. ISBN 978-0963602411
(1999-2002). Sylloge of ISlamic Coins In the Ashmolean Museum. Ashmolean Museum, Oxford. (1999). Vol 10. Coins of Arabia and East Africa. ISBN 978-1854441256 (2001). Vol. 9, Iran after the Mongol Invasion (con T. Goodwin). ISBN 9781854441591 (2002). Vol. 1: The Pre-Reform Coinage of the Early Islamic Period (con T. Goodwin). ISBN 978-1854441737
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Smith, P. (2012). "Album, Stephen M.". En American Numismatic Biographies. Páxina 8.
Ligazóns externas Stephen Coins Rare Coins Vídeo: "Philip Mossman: Counterfeit & Altered Bills of Credit from 1690". Anarican Numismatic Society. 2006
Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados co premio Samir Shamma Categoría:American Numismatic Society Categoría:Alumnos do Dartmouth College Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Tubinga Categoría:Personalidades sen imaxes