miniatura|Localización dos principais xacementos da Anatolia hitita.

Niya foi un principado de Siria, situado ao sur de Alepo, xeralmente identificado con Qalat al-Mudiq, a beiras do Orontes e fronteirizo con Alalakh.

Foi vasalo dos reis de Iamkhad (Alepo). Sobre o 1500 a. C. foi sometido por Mitanni, que se impuxo a Iamkhad. Poucos anos despois, sobre 1485 a. C. a rexión foi sometida por Exipto (Thutmose III).

Sobre o 1340 a. C. Suppiluliumas I, rei hitita, fixo a súa primeira expedición a Siria. Addu-Nirari de Nuhase occidental, vasalo exipcio, opúxose ao rei hitita e formou unha coalición con Itur-Addu rei de Mukish (Alalakh) e Aki-Tesup rei de Niya, e xuntos atacaron a Ugarit, o rei da cal Niqm-Addu II, non quixera participar na loita contra os hititas. Os ataques continuados de Alalakh-Mukish, Niya e Nuhase sobre Ugarit obrigaron ao rei Niqm-Addu II a declararse vasalo do rei hitita. Suppiluliumas enviou tropas que expulsaron os atacantes e, ao mesmo tempo, capturou Alalakh. Pouco despois sometéuselle Takuwa, titulado polos hititas "rei de Niya", irmán de Aki-Tesup de Niya, que probabelmente gobernaba algún distrito como vasalo de seu irmán; ao seu retorno o seu irmán, fiel aos exipcios, confiscoulle os territorios que posuía e os líderes do reino, Hesmiya, Habahi, Birriya e Nirwabi, mobilizaron as súas forzas e uníronse ás do denominado rei de Arahati, Akiya, probabelmente destronado e en guerra, e xuntos conquistaron a cidade de Arahati para despois utilizar as forzas combinadas para formar unha coalición contra os hititas. Pero Suppiluliumas derrotounos e fíxoos prisioneiros a todos e levounos cara Hatti cando volveu.

Despois da vitoria sobre Niya, dirixiuse ao sur, en dirección a Qatna. Niya foi incorporada ao reino de Khalap creado para un fillo do rei hitita.

Categoría:Hurritas Categoría:Vasalos hititas en Siria Categoría:Reinos antigos