A raíña das xunqueiras, Epipactis palustris,Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións é unha especie de orquídea terrestre, do xénero Epipactis, tribo Neottieae, subfamilia Epidendroideae, familia Orchidaceae. Distribúese polas zonas tépedas de Europa, Siberia e Mongolia, atopándose en bosques e en espazos abertos, con desenvolvemento baixo terra, en chans moi húmidos.
Descrición Todas estas especies teñen unha dependencia moi forte na súa simbiose coa súa madexa de hifas.
Os seus rizomas carnosos e rastreiros, desenvolven gomos, polo que na próxima primavera emerxe un talo de cor purpureo erecto duns 20-70 cm de lonxitude.
Presentan de 4 a 8 follas lanceoladas, alternas, que se desenvolven sucesivamente cada vez máis curtas até cerca do extremo do talo. As súas marxes son enteiras, o extremo picudo.
A inflorescencia en acio consta de flores simétricas bilaterais cun atraínte colorido. Os 3 sépalos e os 2 pétalos laterais son ovoides e acuminados. A súa cor pode variar de verde esbrancuxada, con bandas dun púrpura pálida no interior dos sépalos, os dous pétalos superiores máis pequenos que os sépalos con manchas localizadas ao pé de columna de cor amarela e ás laterais brancas con bandas púrpura a rosa.
O labelo está dividido por un hipochilo con forma de bóla, coa superficie externa dun amarelo pálido. O epichilo de branco é ondulado con forma de corazón e bordos festoneados.
O ovario é infero. Produce unha cápsula seca con incontables sementes diminutas.
Hábitat miniatura|Epipactis palustris, inflorescencia. miniatura|Epipactis palustris var. ochroleuca, inflorescencia. miniatura|Epipactis palustris. Estas orquídeas distribúense nas zonas tépedas de Europa, Siberia, e en Mongolia, en chans moi húmidos en bordos de pantanos e terreos enchoupados xunto a carrizos e outras plantas de zonas húmidas.
Taxonomía A especie foi descrita inicialmente como Serapias helleborine var. palustris por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 2: 950, en 1753, actualmente, é tanto un sinónimo como o basónimo desta. Finalmente, sería descrita como Epipactis palustris por Heinrich Johann Nepomuk von Crantz en Stirpium Austriarum Fasciculus 2: 462, en 1769.
Etimoloxía Epipactis: nome xenérico que procede do grego επιακτις (epipaktis), nome dunha planta medicinal usada na Grecia clásica.
palustris: epíteto latino que significa "dos pantanos", "palustre", "da auga" ou "que crece nos pantanos", pois se desenvolve en terreos moi húmidos e enchoupados.En Nombre Botánicos
Sinonimia
Serapias helleborine var. palustris L., 1753 (basónimo) Helleborine palustris (L.) Hill, 1756 Serapias longifolia L., 1763 Serapias palustris (L.) Mill., 1768 Epipactis longifolia (L.) All., 1785 Serapias longiflora Asso, 1779 Helleborine longifolia (L.) Moench, 1794 Cymbidium palustre (L.) Sw., 1799 Helleborine latifolia Moench, 1802 Helleborine palustris (L.) Schrank, 1814 Epipactis salina Schur, 1866 Epipactis palustris f. ochroleuca Barla, 1868 Arthrochilium palustre (L.) Beck, 1890 Limodorum palustre (L.) Kuntze, 1891 Calliphyllon palustre (L.) Bubani, 1901 Amesia palustris (L.) A. Nelson & J.F. Macbr., 1913
Especies e híbridos naturais de Epipactis palustris
Epipactis palustris (L.) Crantz 1769 : Europa a Caucaso e Mongolia.
Epipactis × pupplingensis Bell 1968 - (Epipactis atrorubens × Epipactis palustris)
Híbridos cultivares
Epipactis Alegría (Ep. palustris × thunbergii) Epipactis Colorado (Ep. atrorubens × palustris) (Estes nomes son os rexistrados pola Royal Horticultural Society de Londres.) Epipactis Passionata (palustris × royleana) Epipactis Renate (palustris × veratrifolia) Epipactis Sabine (gigantea × palustris) Epipactis Ventura (palustris × mairei)
Estas especies non se atopan dispoñibles para o público en xeral, senón que se atopan soamente en xardíns especializados.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Leroy-Terquem, Gerald e Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991. Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993. White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. Nova York: Houghton-Mifflin, 1996. Alec Pridgeon. The Illustrated Encyclopedia of Orchids. Publicado por Timber Press. Bechtel, Cribb e Launert. The Manual Of Cultivated Orchid Species. Publicado por MIT Press.
Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Flora de Asia Categoría:Flora de Europa Categoría:Orquídeas de Galicia