Javier Rodríguez Galiano, coñecido como Javi Rodríguez, nado en Poio o 26 de xuño de 2003, é un futbolista galego, que xoga como defensa central ou lateral dereito no Celta de Vigo, da Primeira División Española.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no Marcón Atlético, ingresando na canteira do Celta de Vigo en idade benxamín. Tras subir polas diferentes categorías inferiores do club, na tempada 2022/23 debutou co segundo filial, o Gran Peña, na Terceira División RFEF. Durante esa tempada disputou tamén os seus primeiros partidos co Celta Fortuna, ao que subiu definitivamente na tempada 2023/24.
O 1 de novembro de 2023 debutou co primeiro equipo do Celta de Vigo, da man do adestrador Rafa Benítez. Foi nun partido da Copa do Rei fronte ao Turégano, onde substituíu na segunda parte a Carlos Domínguez.
Durante a tempada 2024/25, coa chegada de Claudio Giráldez na dirección técnica do Celta, Rodríguez comezou a xogar habitualmente no primeiro equipo. En outubro de 2024 renovou co Celta até o ano 2028. Na xornada 23 desa mesma tempada, despois de anotar un gol que valeu a vitoria para o equipo fronte ao Betis por 3 goles a 2, foi escollido no once ideal das cinco grandes ligas desa xornada.
Notas
Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Poio Categoría:Futbolistas de Poio Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Gran Peña Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes