O Río Saa (tamén chamado río Cereixa e río Forgas nunha parte do seu percorrido) é un río galego que discorre pola provincia de Lugo e é afluente do río Cabe.
Curso Nace na parroquia de Trascastro (O Incio), a carón do concello da Pobra do Brollón. Dende que nace ata que recibe as augas do río Lebrón chámase tamén río de Forgas. Pasa polas aldeas de Forgas de Arriba, Forgas, A Pousa onde recibe o río Lebrón, Fondorallo, Santo Adrián, A Pobra do Brollón onde recibe as augas do río Rubín, Nogueiras, Cereixa, Rairos e As Areas. Finalmente desemboca no río Cabe, na parroquia de Fornelas.
250px|esquerda|miniatura|O Saa ao seu paso polo San Vitoiro.
Afluentes Pola ribeira esquerda Río Lebrón Regueiro de Covadelas Regueiro da Devesa Regueiro da Teixeira Río Rubín Río Ponxedo.
Saa