Harmacy é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Sebadoh, publicado o 20 de agosto de 1996 a través do selo Sub Pop Records.

É o segundo e último álbum de Sebadoh en contar co batería Bob Fay, que substituíra ao membro fundador Eric Gaffney en 1994.

A portada do disco ten unha fotografía dunha farmacia en Cashel, Irlanda, tomada polo membro da banda Jason Loewenstein nunha xira. O "P" que lle falta ao nome do establecemento na foto (pharmacy é farmacia en inglés) dálle o título ao álbum.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Sebadoh Categoría:Álbums musicais de 1996 Categoría:Álbums de Sub Pop Records