Nicolás Sánchez-Albornoz e Aboín, nado en Madrid o 11 de febreiro de 1926, é un historiador español.
Traxectoria Foi fillo do historiador e político Claudio Sánchez-Albornoz, exiliado durante a Guerra civil española. Nicolás permaneceu en Madrid e participou, sendo estudante, nun intento de reconstrución clandestina da Federación Universitaria Escolar (FUE). En 1947 foi detido e condenado a traballos forzados pola ditadura franquista. Con Manuel Lamana escapou do Valle de los Caídos en 1948 coa axuda do antropólogo Paco Benet, a escritora Barbara Probst Solomon e Barbara Mailer, irmá de Norman Mailer,Sam Jones (12/11/2018). ‘The sooner it's gone, the better,’ says former prisoner at site of Franco's tomb The Guardian . historia relatada na novela Otros hombres, de Manuel Lamana, e no filme Los años bárbaros de Fernando Colomo. Permaneceu exiliado na Arxentina durante décadas e desenvolveu alí gran parte da súa carreira.
Desde 1991 é membro correspondente da Real Academia de la Historia."Académicos correspondientes" RAH .
Foi director (o primeiro) do Instituto Cervantes, de 1991 a 1996.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Claudio Sánchez-Albornoz (pai) Ligazóns externas Investidura como doutor honoris causa Universidade Autónoma de Barcelona (26/4/2006) . "Franco debate stirs up ghosts of civil war" (27/11/2006) The Denver Post . Cortés, Josep Maria (15/1/2001). "Cuelgamuros, exilio e historia" El País .
Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1926 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Historiadores de España Categoría:Escritores en lingua castelá