Fernando Aramburu Irigoyen, nado en Donostia o 4 de xaneiro de 1959, é un escritor de ficción, tradutor e profesor español. A súa novela Patria (2016), que retomou a temática do terrorismo etarra abordada en Los peces de la amargura, supúxolle un éxito de crítica e público e os premios da Crítica, Nacional de Literatura e Francisco Umbral ao Libro do Ano.

Traxectoria En 1983, licenciouse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Zaragoza. Antes participara en San Sebastián, a súa cidade natal, na fundación do Grupo CLOC de Arte e Desarte, que entre 1978 e 1981 editou unha revista e interveu na vida cultural do País Vasco, Navarra e Madrid con propostas de índole surrealista e accións de todo tipo caracterizadas por unha mestura particular de poesía, contracultura e sentido do humor.

Desde 1985, reside na República Federal de Alemaña, onde impartiu clases de lingua española a descendentes de emigrantes. En 1996, publicou a novela Fuegos con limón, baseada nas súas experiencias xuvenís co Grupo CLOC. En 2006, enfocou os estragos causados pola banda terrorista ETA no seu libro de relatos Los peces de la amargura. miniatura|Fernando Aramburu asinando exemplares de Patria na Feira do libro de Madrid de 2017. Ao longo dos anos, tamén cultivou o xénero do aforismo en distintos medios de comunicación, sen que até a data reúna estas pezas nun volume.

En 2009, abandonou a docencia para dedicarse exclusivamente á creación literaria. Os seus libros foron traducidos a máis de trinta idiomas e colabora con frecuencia na prensa española. No ano 2020, publicou unha selección dos seus artigos de prensa co título de Utilidad de las desgracias y otros textos. Tamén escribiu unha columna semanal de contraportada para o diario El País.

Adaptacións das súas obras literarias Félix Viscarret adaptou ao cine a novela El trompetista del Utopía co título de Bajo las estrellas (2007). Esta película ganñou dous premios Goya.

A compañía El Espejo Negro, dirixida por Ángel Calvente, adaptou ao teatro de monicreques Vida de un piojo llamado Matías (2009). A adaptación gañou o Premio Max ao Mellor Espectáculo Infantil.

A canle HBO converteu a novela Patria en serie televisiva en 2020.

Jaime Chávarri adaptou ao cine a novela Ávidas pretensiones co título La manzana de oro (2022). A película foi estreada un ano despois.

Obra

Novela

Fuegos con limón (1996). Andanzas 279, Tusquets Editores, Barcelona. Los ojos vacíos: Trilogía de Antíbula 1 (2000). Andanzas 421, Tusquets, Barcelona. El trompetista del Utopía (2003). Andanzas 501, Tusquets, Barcelona. Vida de un piojo llamado Matías (2004). Novela infantil, Andanzas 558, Tusquets, Barcelona. Bami sin sombra: Trilogía de Antíbula 2 (2005). Andanzas 574, Tusquets, Barcelona. Viaje con Clara por Alemania (2010). Andanzas 714, Tusquets, Barcelona. Años lentos (2012). Andanzas 775, Tusquets, Barcelona. La gran Marivián: Trilogía de Antíbula 3 (2013). Andanzas 805, Tusquets, Barcelona. Ávidas pretensiones (2014). Biblioteca Breve, Seix Barral, Barcelona Patria (2016). Andanzas 888, Tusquets, Barcelona. Los vencejos (2021). Andanzas 995, Tusquets, Barcelona. Hijos de la fábula (2023). Andanzas 1031, Tusquets, Barcelona.

Relatos

No ser no duele (1997). Andanzas 316, Tusquets, Barcelona. El ladrón de ladrillos (1998). Conto infantil, El Barco de Vapor Serie blanca 71, SM, Madrid El artista y su cadáver (2002). Miscelánea e microrrelatos, Marginales 202, Tusquets, Barcelona Mariluz y los niños voladores (2003). Conto infantil. El Barco de Vapor Serie blanca 103, SM, Madrid. Los peces de la amargura (2006). Relatos centrados nas vítimas do terrorismo de ETA. Andanzas 612, Tusquets, Barcelona El vigilante del fiordo (2011). Andanzas 759, Tusquets, Barcelona Mariluz y sus extrañas aventuras (2013). Tres contos infantís, Demipage, Madrid.

Poesía

El librillo (1981). Poemas para nenos, San Sebastián, edición de autor. Ave sombra. 1977-1980 (1991).Harria liburuak, San Sebastián, Haranburu Editor. Bruma y conciencia. 1977-1990 (1993). Obra completa ata a data. Poesía vasca, hoy 11, Leioa, Universidade del País Vasco. El librillo (1995). Poesía infantil. Ajonjolí 4, Hiperión, Madrid. Yo quisiera llover. 1977-2011 (2010). Antoloxía. Demipage, Madrid. Autorretrato sin mí (2018). Marginales 300, Tusquets, Barcelona, prosas poéticas.

Traducións

Arno Schmidt: El brezal de Brand (2006). Maestros del siglo XX 2, Laetoli, Pamplona. Max Frisch: Montauk (2006). Maestros del siglo XX 3, Laetoli, Pamplona. Wolfgang Borchert: Obras completas (2007). Maestros del siglo XX 5, Laetoli, Pamplona. Ernst Haffner: Hermanos de sangre (2015). Biblioteca Breve, Seix Barral, Barcelona. Sacha Batthyany: La matanza de Rechnitz. Historia de mi familia (2017). Biblioteca Breve, Seix Barral, Barcelona.

Premios

1997 - Premio Ramón Gómez de la Serna por Fuegos con limón 2001 - Premio Euskadi de literatura en castelán pola novela Los ojos vacíos 2007 - Premio Mario Vargas Llosa NH polo libro de relatos Los peces de la amargura 2007 - Premio Dulce Chacón por Los peces de la amargura 2008 - Premio Real Academia Española por Los peces de la amargura 2011 - Premio Tusquets de Novela por Años lentos 2012 - Premio dos libreiros de Madrid por Años lentos 2014 - Premio Biblioteca Breve pola novela Ávidas pretensiones. 2016 - Premio Ramón Rubial pola novela Patria 2016 - Premio Francisco Umbral al Libro del Año por Patria 2017 - Premio da Crítica por Patria 2017 - Premio do Club Internacional da Prensa por Patria 2017 - Premio Dulce Chacón por Patria 2017 - Premio Euskadi de Literatura en castelán por Patria. 2017 - Premio Nacional de Narrativa por Patria. 2018 - Premio don Quijote de Periodismo polo arigo «Estamos hechos de palabras» no diario El Mundo. 2018 - Premio San Clemente Rosalía-Abanca por Patria 2018 - Premio de Novela Benjamín de Tudela por Patria 2018 - Premio literario Giuseppe Tomasi di Lampedusa por Patria 2018 - Premio Strega Europeo por Patria 2018 - Premio per la Cultura Mediterránea por Patria 2019 - C de Oro do Club da Comunicación 2019 - Premio Internacional COVITE por Patria 2019 - Athens Prize for Literature por Patria 2020 - Premio Boccaccio per la sezione narrativa internazionale 2021 - Premio Crédit Agricole FriulAdria en colaboración co a Fondazione Pordenonelegge (Pordenone, Italia) 2021 - Premio Ictus de la Sociedad Española de Neurología (SEN) 2023 - Orbetello Book Prize . Tributo alla carriera dell´autore. Notas

Categoría:Nados en Donostia Categoría:Novelistas de España Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Nados en 1959