O mosteiro de Haghpat, tamén coñecido como Haghpatavank (en ), é un mosteiro medieval que se atopa en Haghpat, Armenia.UNESCO, "Monasteries of Haghpat and Sanahin" Construíuse entre os séculos X e XIII. Descrito como unha "obra mestra da arquitectura relixiosa e un importante centro de aprendizaxe na Idade Media", o mosteiro de Haghpat, xunto co mosteiro de Sanahin, foron considerados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1996. Os mosteiros de Haghpat e Sanahin foron elixidos como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO porque: Os dous complexos monásticos representan o máis alto florecemento da arquitectura relixiosa armenia, cuxo estilo único desenvolveuse a partir dunha mestura de elementos da arquitectura eclesiástica bizantina e a arquitectura vernácula tradicional da rexión caucásica.
Hoxe a zona é un lugar turístico cada vez máis popular.
Localización miniatura|250px|Mapa de estradas da zona de Haghpat-Sanahin. A localización do mosteiro de Haghpat escolleuse para que tivese vistas ao río Debed na provincia de Lori, ao norte de Armenia. Foi construído, non nun cumio, senón a media ladeira dun outeiro nun lugar elixido para ofrecer protección e ocultación de miradas indiscretas e tamén como resposta a unha especie de humildade monástica. Está construído sobre un promontorio verdoso situado no medio dun glaciar de montaña, que adoita estar envolta de nubes. Un pico na beira oposta do río supera os 2.500 metros de altura. Os mosteiros do norte de Armenia non están illados, a diferenza dos seus homólogos das rexións áridas do país. Construíronse nun ambiente de aldea e Haghpat está rodeada de moitas aldeas.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Haghpat en Armenica.org Armeniapedia.org entrada en Haghpat
Categoría:Mosteiros de Armenia