Smash Mouth é unha banda estadounidense de rock de San Jose, California. O grupo formouse en 1994 e inicialmente estaba composto por Steve Harwell (voces), Kevin Coleman (batería), Greg Camp (guitarra), e Paul De Lisle (baixo). Coa marcha de Harwell en 2021, De Lisle quedou como único membro orixinal. Smash Mouth é coñecida polos seus temas "Walkin' on the Sun" (1997), "All Star" (1999), e "Then The Morning Comes" (1999), así como pola súa versión da canción de The Monkees "I'm a Believer" (2001).

A banda adoptou estilos retro abarcando varias décadas de música popular. Tamén interpretaron numerosas versións de canciones populares, como "Why Can't We Be Friends?" de War, “Never Gonna Give You Up” de Rick Astley, "Don't You (Forget About Me)" de Simple Minds, "Can't Get Enough of You Baby" de ? and the Mysterians, "Getting Better" de The Beatles, "Under Pressure" de Queen, "Jump Around" de House of Pain, e "I Wan'na Be Like You" de The Jungle Book. Tamén compuxeron dúas cancións para o filme surcoreano de animación Pororo, The Racing Adventure: "Beside Myself" e "Everything Just Crazy".

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Fush Yu Mang 1997 Interscope Records Astro Lounge 1999 Interscope Records Smash Mouth 2001 Interscope Records Get the Picture? 2003 Universal Records, Interscope Records The Gift of Rock 2005 Beautiful Bomb Summer Girl 2006 Beautiful Bomb Magic 2012 429 Records

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais do condado de Santa Clara Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de power pop Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Grupos musicais de ska punk Categoría:Grupos musicais formados en 1994