A lingua wapishana é unha lingua arauaca falada polo pobo wapishana en Güiana e no Brasil. É falada por unhas 13.000 persoas en ambos os dous lados da fronteira entre Güiana e o Brasil.

No Brasil a maior concentración de falantes de wapishana atópase nos concellos de Cantá e Bonfim, na rexión da Serra da Lua, onde está recoñecida como lingua oficial dende 2014.

As presións externas diminuíron o uso do wapishana entre as xeracións máis novas, e non foi ata 1987 cando o wapishana foi utilizado como lingua de ensino nas escolas indíxenas da comunidade lingüística. En 2009, A Universidade Federal de Roraima creou un programa de extensión para aprender wapishana. En Güiana, hai organizacións para a preservación da lingua, como Wapichan Wadauniinao Ati'o. O wapishana está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Importancia cultural Moitas plantas e animais endémicos da rexión só se coñecen en wapishana, e a lingua ten un sistema de taxonomía distinto. Un exemplo son as tres clases de plantas, karam'makau, wapaurib bau e wapananinau, que son indicativas dos "criterios de cultivo" dos pobos indíxenas. Karam'makau representa plantas recollidas en estado salvaxe, mentres que wapaurib bau son as plantas que foron domesticadas e adoitan levar nomes segundo o lugar ou o agricultor de orixe. A mandioca, un alimento de grande importancia para os indíxenas da rexión, ten unha "desconcertante variedade de nomes" en wapishana. Os wapananinau son plantas con propiedades máxicas, e teñen funcións importantes para os xamáns das crenzas tradicionais.

Morfoloxía {| class="wikitable" |+ Afixos persoais do wapishana:Meira, Sérgio. 2019. A Study of the Genetic Relation between Mawayana and Wapishana (Arawakan Family) . Revista Brasileira de Línguas Indígenas (RBLI), vol. 2, no. 1 (Jan.-Jun. 2019), pp. 70-104. ! !! singular !! plural |- ! 1ª persoa | n-/m- -na || wa- -wi |- ! 2ª persoa | ɨ-/i- -i || ɨ- -wiko |- ! 3ª persoa | ɾ(ɨ/iʔ)- -sɨ || na- -nu |- ! 3ª persoa refl. | a-

{| class="wikitable" |+ Afixos verbais do wapishana: ! temáticos | -ta, -ɗa, -ɓa |- ! presente | -e |- ! recíprocos | -(a)ka |- ! adxectivo | -ɾe, -ke

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Wapishana dictionary The Intercontinental Dictionary Series

Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas de Güiana Categoría:Linguas do Brasil