Co termo célula de memoria podemos referirnos a:
Bioloxía Célula de memoria (córtex motor), neuronas atopadas no córtex motor primario (M1), unha rexión localizada na porción posterior do lobo frontal do cerebro. Célula B de memoria, unha célula inmunitaria produtora de anticorpos, que lembra un antíxeno de anteriores infeccións. Célula T de memoria, unha célula inmunitaria produtora de substancias reguladoras ou citotóxicas, que lembra un antíxeno de anteriores infeccións.
Computación Célula de memoria (computación), un bloque constituínte da memoria dun computador e para o almacenamento de datos.