O Sikorsky S-92 é un helicóptero bimotor medio estadounidense fabricado por Sikorsky Aircraft para os mercados civil e militar. O S-92 desenvolveuse a partir do helicóptero Sikorsky S-70 e ten pezas semellantes como os sistemas de control de voo e o rotor.
O H-92 Superhawk é unha versión militar do S-92 no rol de transporte utilitario, capaz de levar 22 soldados. O H-92 tamén podía configurarse para misións específicas, como busca e rescate e transporte executivo. O CH-148 Cyclone é unha variante de helicóptero embarcado desenvolvida para a Real Forza Aérea do Canadá para apoiar operacións navais da Mariña Real Canadense. O Sikorsky VH-92 é unha variante que está sendo desenvolvida para substituír a frota de transporte presidencial Marine One do Corpo de Marines.
Desenvolvemento Despois da crise do petróleo de 1973, as principais compañías de petróleo e gas comezaron a explorar máis en mar aberto, creando así a necesidade de aparellos como o S-92 con capacidade suficiente para acadar puntos máis afastados da costa.
Sikorsky Aircraft amosou por vez primeira unha maqueta do S-92 en 1992. O aparello comezou a venderse a partir de 1993, pero debido a unha baixada no mercado internaconal de helicópteros o proxecto atrasouse. En 1995 Sikorsky formou o Team S-92 con socios internacionais e lanzou o programa do helicóptero no Paris Airshow dese ano.Frawley, Gerald. "Sikorsky S-92 Helibus". The International Directory of Civil Aircraft, 2003/2004. Aerospace Publications, 2003. ISBN 1-875671-58-7. Sikorsky desenvolveu o S-92 para competir con aparellos civís como o Aerospatiale/Eurocopter Super Puma.Donald, David, ed. "Sikorsky S-92". The Complete Encyclopedia of World Aircraft. Barnes & Nobel Books, 1997. ISBN 0-7607-0592-5 O helicóptero usa unha nova célula con compoñentes dinámicos baseados nos compoñentes dos S-70/H-60. O S-92 realizou o seu primeiro voo o 23 de decembro de 1998 no Sikorsky Development Flight Center, en West Palm Beach, Florida.Frawley, Gerald. "Sikorsky S-92". The International Directory of Military Aircraft, 2002/2003. Aerospace Publications, 2002. ISBN 1-875671-55-2
En xullo do ano 2000, Sikorsky anunciou cambios no deseño do S-92. A fuselaxe do prototipo 3 foi alongada 40 cm detrás da cabina, o pío de cola acurtouse 1,04 m, e o estabilizador horizontal reposicionouse dende o lado esquerdo fronte ao rotor de cola ata o lado dereito na base do pío de cola. As modificacións da cola solucionaron un problema de estabilidade de cabeceo descuberto durante as probas de voo, e informouse que permitía á aeronave cumprir un requisito clave do Programa de helicópteros estándar nórdicos (NSHP) para a estiba a bordo. O alongamento da fuselaxe e o acurtamento do pío de cola desprazaron o centro de gravidade da aeronave cara a adiante, permitindo unha actitude máis nivelada en voo. A fuselaxe máis longa permitiu engadir unha fila máis de tres asentos, así como a opción dunha porta de pasaxeiros máis grande para clientes SAR. Sikorsky incorporou os cambios aos seguintes dous prototipos como configuración estándar de produción.Lewis, Jeff. "All aboard the S-92". Flight International. 25-31 de xullo de 2000. Algúns informes suxeriron que as modificacións realizáronse realmente para solucionar danos por fallos no deseño estrutural.
Os S-92 constrúense e personalízanse na planta de Sikorsky en Coatesville, Pensilvania. O S-92 recibiu a certificación de tipo da Federal Aviation Administration (FAA) o 19 de decembro de 2002, e a certificación europea por parte da EASA/JAA o 8 de xuño de 2004.
Notas
Categoría:Helicópteros Categoría:Aeronaves de Sikorsky Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1998