Daniel Pastoriza Iglesias, nado en Moaña o 1 de agosto de 1987, é un árbitro de fútbol galego, que milita na Primeira División RFEF.
Traxectoria Debutou na Segunda División B na tempada 2018/19 e militou nela ata a creación en 2021 da nova Primeira División RFEF, na que actúa dende entón. Arbitrou ademais tres edicións do Trofeo Teresa Herrera, nos anos 2021, 2022 e 2023.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do árbitro en BDFutbol .
Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1987 Categoría:Árbitros de fútbol de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes