A Melanargia ines é un lépidoptero pertencente á familia das Nymphalidae, subfamilia das Satyrinae e ao xénero Melanargia.http://www.eurobutterflies.com/sp/ines.php Melanargia ines
Denominación Melanargia ines foi descrita por Johann Centurius von Hoffmannseggen en 1804.http://www.lepidoptera.eu/show.php?ID=5320 Melanargia ines miniatura|275x275px|En Francia é coñecida como "Échiquier des Almoravides", Taboleiro dos Almorábides.
Subespecies
Melanargia ines ines que presenta diferentes formas: Melanargia ines f. hannibal Stauder, 1913; en Alxeria a Biskra, El Kantara e Constantina. Melanargia ines var. fathme Wagner, 1913; en Tunisia. Melanargia ines ab. completa Oberthür, 1915; en Alxeria en Beni-Ounif. Melanargia ines f. minima Houlbert, 1923; en España Melanargia ines f. semi-reducta Houlbert, 1923; en Alxeria e Tunisia. Melanargia ines arahoui Tarrier, 1995; en Tizi-n-Taghatine en Marrocos. Melanargia ines colossea Rothschild, 1917; en Marrocos en Rabat. Melanargia ines henrike Eitschberger, 1972; en Alxeciras en España. Melanargia ines jahandiezi Oberthür, 1922; no val da Reraya en Marrocos.
Descrición É unha bolboreta de tamaño mediano que presenta nas ás anteriores un debuxo delimitado en negro e branco cun bocelo no ápice e nas ás posteriores unicamente os debuxos dos contornos das súas ás cunha liña de ocelos.
O dorso debuxa en negro os límites dos debuxos e os ocelos do ápice das ás anteriores e os ocelos en liña son visibles de cor marrón clara, pupila azul e un círculo de dúas liñas brancas negras aliñadas.
Bioloxía
Período de voo e hibernación Univoltina, o período de voo esténdese de final marzo a final xuño nunha soa xeración.Tolman & Lewington 1997http://www.butterfly-guide.co.uk/species/satyrids/andal17.htm butterfly Guía - Melanargia ines
Plantas hospedeiras A eiruga aliméntase de gramíneas, en particular Brachypodium pinnatum,www.nic.funet.fiTolman & Lewington, Mariposas de España y Europa 1997
Ecoloxía e distribución Melanargia ines está presente en África do Norte, Marrocos, Alxeria, Tunisia e Libia e en todoPortugal e España (salvo a zona a máis ao norte).
Biotopo Reside en lugares con herba seca, áreas rochosas, compartindo hábitat frecuentemente con Melanargia occitanica.
Amparo Está en status de especie ameazada en Marrocos.
Especies semellantes de Europa occidental e Magreb Melanargia arge - en Italia. Melanargia galathea Melanargia lachesis Melanargia larissa Melanargia occitanica - no suroeste de Europa, en África do Norte e en Sicilia. Melanargia pherusa - en Sicilia. Melanargia russiae - presente dende o sur de Europa ata o centro de Asia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Lionel G. Higgins e Norman D. Riley, Guía de las mariposas de Europa, Neuchâtel, Delachaux e Niestlé , 1971. ISBN 978-2-603-01649-7 Ligazóns externas Butterfly guía Euro butterflies
Categoría:Bolboretas de Galicia