Carmen Marón Beltrán, nada o 29 de novembro de 1944 en Samos, é unha política galega.

Traxectoria Residente desde moi nova na Coruña, estudou graduado social, funcionaria do ministerio de Xustiza, milita no PSdeG desde 1981, foi deputada no Congreso dos Deputados durante catro lexislaturas e tenente de alcalde da Coruña. Con Francisco Vázquez na alcaldía afrontou as concellarías de Medio Ambiente (1997-2003) e Cultura e Benestar (2003-2006).

Foi portavoz do grupo municipal PSdeG-PSOE na Coruña de 2007 a 2011 e Segunda Tenente de Alcalde, a fronte da concellaría de Economía, Facenda e PlanificaciónO pleno aproba o organigrama de funcionamento da Corporación Municipal www.coruna.es, 02/07/2007 a fronte da cal presentou a tarxeta electrónica cidadá multiúsos Coruña MillenniumA concelleira de Economía, Facenda e Planificación presenta a nova tarxeta cidadá Coruña Millennium, www.coruna.es, 02/06/2008.

Após as eleccións municipais de 2011, o 24 de maio anunciaba a súa renuncia como concelleira trala perda da alcaldía por parte de Javier Losada, que tamén renunciara poucas horas antesLa número 2 del PSOE, Carmen Marón, renuncia tras Losada www.laopinioncoruna.es, 24/05/2011.

Tamén foi membro do Comité Federal do PSOE con José Luis Rodríguez Zapatero á fronteComposición de los órganos de dirección del Partido Socialista web do PSM-PSOE.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición

Maron Beltran, Carmen Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Nados en Samos Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura) Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes