Pyronia cecilia é unha bolboreta ropalócera da familia Nymphalidae.

Distribución Distribúese por Marrocos, Alxeria, Tunisia, Libia, España, Portugal, sur de Francia, Italia, suroeste dos Balcáns, oeste de Grecia e noroeste de Turquía.

Descrición De tamaño relativamente pequeno, ten o anverso laranxa con amplas marxes marróns onde destacan os ocelos. O seu reverso é críptico.

Os androconios dos machos son facilmente visibles grazas a unha mancha marrón ao anverso das ás anteriores.

Bioloxía Voa nunha xeración entre xuño e agosto. (Voltinismo)Tolman, Tom; Lewington, Richard.

Habita en zonas secas e cálidas. A eiruga aliméntase de varias gramíneas como Brachypodium, Aira, Poa, Deschampsia e Festuca.

Especies ibéricas semellantes Pyronia tithonus Pyronia bathseba

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Pyronia cecilia en Asturnatura Pyronia cecilia en Biodiversidad Virtual Pyronia cecilia en Mariposas del Bergadá (en catalán)

Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1894