Ángel Santos Vila, nado en Lugo o 9 de xullo de 1891 e finado en Sacramento (California) o 4 de xaneiro de 1965, foi un mestre e activista galeguista.
Traxectoria
dereita|miniatura|BOE coa clasificación social da Fundación Ángel Santos Vila. En 1921, dende A Veiga, enviou un telegrama de adhesión ás Irmandades da Fala e, en 1930, xa formaba parte da Irmandade da Fala de Ribadeo, a carón de Francisco Lanza.
Como 'mestre nazonal' defendeu o uso do galego no ensino, e o uso por riba das guerras normativas do momento. Foi Premio extraordinario de maxisterio no 1933. Colaborou con certa asiduidade no periódico A Nosa Terra con poemas e artigos. Vida persoal
Casou con Generosa Moreno Rodrigo, non tiveron descendencia. Tras a súa morte, en 1966, a súa viúva creou unha fundación que capitalizou con 323 981,02 pesetas e seguiu nutrindo, pero non se sabe que chegase a desenvolver actividade.https://boe.es/boe/dias/1966/02/15/pdfs/A01816-01817.pdf
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes