Joaquín 'Ximo' Navarro Jiménez, nado en Guadahortuna, Granada, o 23 de xaneiro de 1990, é un futbolista español que xoga como lateral dereito no Deportivo da Coruña, da Primeira División.

Traxectoria Aínda que naceu en Guadahortuna, na provincia de Granada, criouse en Mallorca e formouse como futbolista no Patronato e no San Francisco, antes de ingresar na canteira do RCD Mallorca. Na tempada 2008/09 debutou co filial do club, o Mallorca B, na Terceira División, logrando o ascenso nesa mesma campaña. Disputou un total de 58 partidos co filial durante as dúas seguintes tempadas, xa na Segunda División B, e, agás un, todos eles como titular.

Para a tempada 2011/12 foi cedido ao Recreativo de Huelva, da Segunda División, categoría na que debutou na segunda xornada, nunha derrota por 1-0 ante o Deportivo da Coruña en Riazor. Despois de xogar 12 partidos co decano do fútbol español, todos como titular, no mercado invernal cambiou de equipo, sendo cedido ao Córdoba, da mesma categoría, co que disputou 19 encontros, incluída a promoción de ascenso á Primeira División.

A continuación regresou ás Illas Baleares para a tempada 2012/13, xa como xogador do primeiro equipo. Debutou na Primeira División na xornada inaugural do campionato, saíndo de titular ante o Espanyol en Son Moix (vitoria por 2-1). Disputou un total 16 partidos na súa primeira campaña na elite, ás ordes de Caparrós primeiro e Manzano despois, pero o equipo acabou perdendo a categoría. Na seguinte campaña fíxose dono absoluto da banda dereita do Mallorca, disputando 39 partidos, todos como titular.

Regresou á máxima categoría no verán de 2014, asinando co Almería un contrato por tres anos. No primeiro deles o equipo descendeu a Segunda, categoría na que Ximo Navarro xogou durante os seguintes dous anos. O 17 de xuño de 2017 fichou pola UD Las Palmas, regresando así á Primeira División, pero volveu descender ao remate da tempada, despois de ser titular na maioría de partidos.

En 2018 iniciou unha etapa de catro anos no País Vasco, nas filas do Deportivo Alavés. Coa camiseta do "Glorioso", marcou o seu primeiro gol na categoría, nunha ampla vitoria por 1-5 sobre o Rayo Vallecano. Xogou un total de 104 partidos co club vitoriano, nos que marcou tres goles.

Ao remate do seu contrato, que coincidiu co descenso do equipo a Segunda, meditou nunha posible retirada pero acabou marchando aos Países Baixos, onde fichou polo Fortuna Sittard, equipo adestrado polo salmantino Julio Velázquez, o seu último técnico no Alavés. Debutou na Eredivisie o 2 de outubro, na vitoria por 2-0 sobre o FC Volendam, e xogou un total de 16 partidos co club.

O 1 de agosto de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, da Primeira Federación. A súa primeira campaña no club galego estivo marcada por varias lesións que lle fixeron perder varios treitos de competición, especialmente na primeira metade da liga. Con todo, contribuíu con 24 partidos (21 deles como titular) a que o equipo se proclamase campión da categoría, logrando así o ascenso á Segunda División. Na tempada 2024/25, con menos problemas físicos, foi un dos mellores futbolistas do equipo, aportando seguridade na defensa e creando perigo en ataque, e sumou catro goles e dúas asistencias en 30 partidos.

Comezou a tempada 2025/26 xogando nas oito primeiras xornadas e facéndose coa titularidade, ata que en outubro sufriu unha lesión nun tendón, o que o afastou dos terreos de xogo durante case catro meses. Ao seu regreso volveu render a un gran nivel, polo que axiña recuperou un lugar no once inicial de Antonio Hidalgo. Con el no campo, o Deportivo realizou un bo final de tempada e acabou como subcampión da categoría, conseguindo así o ascenso á Primeira División. Tralo ascenso, o club renovou o seu contrato por dous anos máis.

Palmarés Deportivo da Coruña Primeira Federación (1): 2023/24.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División B e a Primeira División.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesMallorca B2008/09Terceira30 - -60902009/10Segunda B301 - - - -3012010/11Segunda B280 - - - -280Total club6110000671Recreativo de Huelva2011/12Segunda12000 - -120Córdoba2011/12Segunda1700020190Mallorca2012/13Primeira16030 - -1902013/14Segunda380 1 0 - -390Total club5404000580Almería2014/15Primeira28010 - -2902015/16Segunda24110 - -2512016/17Segunda37210 - -382Total club8933000923Las Palmas2017/18Primeira31020 - -330Alavés2018/19Primeira31200 - -3122019/20Primeira23000 - -2302020/21Primeira31110 - -3212021/22Primeira18000 - -180Total club103310001043Fortuna Sittard2022/23Eredivisie15010 - -160Deportivo da Coruña2023/241ª Federación23010002402024/25Segunda30400 - -3042025/26Segunda24000 - -240Total club7741000784Total carreira 459 11 1208 0 47911

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados na provincia de Granada Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Mallorca B Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores da UD Las Palmas Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña