Este artigo trata sobre o libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, para o artigo sobre a serie Televisión de Galicia véxase Os outros feirantes (serie de televisión).

Os outros feirantes é un libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, publicado en 1979 pola Editorial Galaxia, que mostra un conxunto de descricións de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría.

É unha nova ración de retratos para coñecer mellor o galego cotián, campesiño, coa súa forma de entender o mundo, as crenzas, os ritos, as supersticións. Son descricións breves nas que non falta o humor e a ironía.

A obra recibiu o Premio da Crítica Española en 1979.

Contido miniatura|Escultura do gatipedro na praza do Humor da Coruña (NOTA: As páxinas sinaladas ao longo da análise do libro corresponden á 9ª edición)

1.-(p. 11) O cabalo de Alberte Merlo. O cabalo comeza a falar con A. Este múdalle o nome: Cheval. Quere que só fale con el, ata ten celos da muller. Esixe promesa de que só fale con el, ou deixará de falar. Pídello por escrito. A. mesmo pensa nun avogado. Consulta co mestre de Muros. Faise o papel. Cheval pide que o rexistre. A. aínda segue a dubidar o que fará mestre.

2.- (p. 14) O enano das burlas. Serxio viu o enano. Este faloulle tatexando e Serxio tamén lle respondeu así, desde entón é tatexo: vaia cabronada, el que nunca andara aos tesouros! En Corbelle Antolín era tatexo. A menciñeira Jovita cre que se visita o anano tamén lle gastará outra broma, voltándoo normal. Así sucede. O cura da parroquia bota uns latíns de sentenza e ese enano o que é, e un coñón.

3.- (p. 17) O verdugo da Cañiza. Hai cen anos chegou á Caniza un verdugo con problemas para coller cama. Logo do suceso, conta unha anécdota do viño branco. Sae para Pontevedra. Agustín charla con el: é moi estimado, inventou unha guillotina portátil, a isabelita, en honor de Isabel II. Tamén inventou un nó para axustizar que proba cunha bufanda en Agustín; quédalle a marca da proba.

-20pxAdaptación na serie Os outros feirantes da Televisión de Galicia

4.- (p. 20) Xosé Liñeiras. Naceu con seis dedos na man dereita e seis no pé esquerdo. Unha tía habanera dille que iso se herda. Orgulloso deles, móstraos cando lle preguntan. Mesmo un tratante de Dacón lle fala dun porco con catro uñas nun pé. Cre que todos os de seis dedos galegos son familia e deberían facer unha comida. Ata considera parente seu un senador dos EE.UU. que ten os seis dedos.

5.- (p. 23) Marcelino Pardo. O rapaz mexou na cama ata os 12 anos. Os médicos e menciñeiros non o curaban. Un deulle o remedio: tratábase do gatipedro, que para andar se apoiaba nunha enorme lingua con dúas puntas e un corno polo que botaba pingas que facían mexar o durmido. O remedio é botar sal no cuarto. Iso fan e !remedio san¡. Mesmo levará o sal ao servizo militar, por se acaso.

6.- (p. 26) A tía Remedios. Está no Brasil e manda ao sobriño de Portonovo un reloxo de ouro e un fonógrafo. Logo virá ela que foi asistenta de chaveiro dunha condesa. Trae o canciño Napoleón cun axóuxere de ouro que avisaba das visitas etc. A tía que lembra a condesa e o can di que si.

7.- (p. 29) Unha siria en Ribadeo. O autor contáballe a Carlos animaladas de diferentes pobos como os polacos e o caso de Enver Pachá que mandou botar á caldeira do barco un búlgaro. Un día Carlos tópao en Lugo e dille que non é certo o dos sirios, que el viu unha en Lugo e era persoa normal. O autor contéstalle engadindo outra animalada que Carlos dubida en crer.

8.- (p. 32) Louro de Parentes. Se un mouro atopa un tesouro lávao e dille o que pesa. Se acerta, o tesouro ten que seguilo coma un can. Louro anda a lles dicir o peso en libras galegas. Tamén se informa polo cabo da Garda Civil como son os fillos de Mahoma. Morre coa teima dos tesouros.

9.- (p. 35) Amadeo de Sabrés. Un día comeza a asubiarlle o paraugas. Logo vanlle asubiando os zapatos e todas as cousas que lle falan con asubíos. Tamén as persoas lle asubían ao lle falaren. Tapa os ouvidos e sente os seus asubíos. Acaba no sanatorio de Conxo.

10.- (p. 38) Penedo de Silvosa. Xosé Pillado (Penedo de Silvosa) aprendeu para xastre en Zaragoza. Foi voluntario nun batallón para cazar unha fera perigosa, nunha comida ligou cunha cincuentona. Fixera o primeiro pantalón de muller aragonesa. Mataran unha muller, no velorio falou a defunta Que me mata el gallego, pero tratábase dun chulo apelidado Gallego: Sae un da súa casiña e volve ou non volve.

11.- (p. 41) Freire de Rego. Era moi bo menciñeiro, que todo o curaba con auga, auga de alba, mais tiña un pelo “pelirroxo” que facía desconfiar a algúns. Un parente seu, Segundo, foi servir a El Rei e tivo ocasión de curar a Afonso XII con leite de burra para os catarros. A burra foi roubada. Acabaron na familia cun reloxo de prata, galano real.

12.- (p. 44) Piñeiro e as fontes. Fora curado por Freire de Rego, por iso preguntaba a todo forasteiro polas fontes e calidades delas. Anotaba nunha libretiña. Puga cóntalle que en Vich unha fonte aclara a voz e fai dicir ben a lección de latín; mesmo a un cabalo garañón seu lle cambiou o acento no ornear. Viaxa por Galicia para ver fontes e propiedades.

13.- (p. 47) A voadora de Serantes. Manuel Páramo viu voar a María de Fontes. Resulta que ela morrera había máis dun ano. Contouno. Voaba sentada nunha banqueta con moitos tronos e vento. El e o Sr. Bastián compraron unhas boas bombas e botáronas cando ela pasaba. Caeu un zapato e 2 pesos, que se volvían falsos só cando os querían cambiar, saían de noite dos petos.

14.- (p. 50) A orella dereita de Antón de Leivas. Un día no cine dinlle que ten unha orella máis grande. Axiña o cre toda a familia e veciños. Mesmo irá xunto a un menciñeiro. Unha moza descobre que nela se escoita o mar como nunha caracola. É todo un éxito, ata lle serve para conquistar moza e casar. Cobra a tres pesos a sesión de curar doenzas. Un seu cuñado venezolano descobre que son as dúas orellas iguais: un caso de sugestión colectiva.

-20pxAdaptación na serie Os outros feirantes da Televisión de Galicia

15.- (p. 53) Lamego de Mouriz. As sortes e resortes son as predicións feitas en determinados días segundo o tempo. Lamego escoitou a un falar de augas nunca vistas e fixo todos os preparativos para o inverno como se se fose asolagar. Non pasou nada, pero o diluvio foi en Italia. Agora ensina unha foto de xornal de Florencia como proba: puideran facerse ricos previo pago, se avisasen aos italianos.

16.- (p. 56) Fulxencio Parada. Era de Asados e tiña unhas laranxas que consideraba as mellores do mundo e dábaas a probar a todos. No servizo militar en Ferrol o seu capitán contáballe a historia de Pedro o Cruel atribuíndo o episodio de Beltran du Guesclin a Fernán Pérez de Andrade o Bo. A frase soada aplicábaa ás laranxas.

17.- (p. 59) Hermelina da Ponte. Seu pai quitaba as verrugas con palabras. Estaba empeñado en que as monxas de Allariz lle prestasen unha pel de dragón. A súa filla Hermelina xa sabía pór inxeccións. Herdou a ciencia do pai mellorada: poñía luares no corpo. Tiña boa clientela portuguesa, sobre todo un cabaleiro. Foi a Ourense e por consello de D. Vicente Risco fixo unha tarxeta H.C.P. proveedora de luares dos Reises de Portugal.

-20pxAdaptación na serie Os outros feirantes da Televisión de Galicia

18.- (p. 63) Felpeto, mariñeiro e músico. Felpeto desembarcou e cría que o mar se ía botar enriba das casas. Lévano ao hospital de Conxo. Faise amigo dun canteiro de Pontevedra que fai gaitas e frautas de pedra, pero non soan por falta de burato. Felpeto vai aprendendo solfexo e mesmo se emprega de coidador de tolos. Logo pedirá permiso para desembarcar do Conxo e ir á casa en Corme. Só fala con notas musicais e morre pronto.

19.- (p. 65) Rosa Martiño. Aprende de nena cun parente o oficio da reloxaría. Mais a súa nai non permite que sexa reloxeira. Ten que emigrar a BB.AA., onde traballa moi ben na reloxaría dun viúvo. Un brigadier trae un reloxio que non anda e estoupará un ano despois: era un atentado. Rosa casa cun piloto da mercante para volver a non me lembro se esta Rosa Mariño era de Betanzos ou de Noia. O marido tamén se mete reloxeiro.

20.- (p. 68) Ramiro da Barca. Tiña unha barca para pasar xente e cousas, antes do encoro. Seu bisavó contaba unha historia. Chegou un home moi alto que quería pasar a toda a présa. Como o barqueiro quería agardar por uns cabritos, tocou unha trompeta e apareceu un cabalo negro na auga, tamén un coitelo ensanguentado. O barqueiro fixo o sinal da cruz, o cabalo afundiuse nas augas e o home saíu voando. Sería un demo. A trompeta apareceu en Triacastela, poñía Made in England.

21.- (p. 71) Fuco de Pedrosa. En setembro as aldeás van aos baños. Fuco ten un bigote que deixara por unha asturiana en BB.AA. Esta, Covadonga, tiña cartos e era viúva; fíxose mandona e quería casar axiña. El escondeuse dela. Logo casou cunha tal Benita de Monforte, coa que se daba ben. O autor lelle historias, como a dos árabes Hind e Muavija (un Califa).

22.- (p. 74) Félix Lourido. Bo cazador e especialista en lobos. Seguíalles o rastro e como o lobo sempre ten que saír a mexar, era o momento en que el o encaraba, lle ensinaba os dentes, dicíalle tate e matábao dun tiro. Pero unha vez o lobo non daba saído e sentou a comer. Apareceulle un lobo vello que o mirou, tamén lle dixo tate e riuse del. Félix non se atreveu a matalo.

23.-(77) Peleteiro da Bouza. Toda a vida andara en preitos cos veciños. Como botaba a casa a perder os fillos prohíbenllo. Pasa os días sentado xunto a unha figueira. Un veciño regálalle un par de galos en pago dun bo consello para un preito. A un lévao o golpe. O outro faise compañeiro inseparable do vello. Dormen xuntos, asente ás sentenzas do vello, cacaréxalle aos antigos contrincantes. O vello morre e o polo acaba no arroz da familia.

24.- (p. 80) Aurelio e maila xitana. Aurelio vai coller o coche de liña. Aparécelle unha fermosa xitana que lle quere botar a boaventura ou un baile. Non lle fai caso. Ela dille que llo pagará en queixos. Volve á casa dous días despois e a muller cóntalle como uns ratos negros lle comeron 18 queixos. Uns din que foi a xitana, outros que unha moura do tesouro. Agora Aurelio sae de paseo cun peso por se a ve.

25.- (p. 83) Manuel Suárez. Pasara anos en Portugal de axuda de cámara dun vizconde. Alí coñeceu o Arcebispo de Braga que se burlaba del preguntándolle se fora un dos que roubaran o corpo de San Fructuoso. Tamén coñeceu ao cóengo “tirademoños” de Braga. Este era un bo especialista. Cóntase o caso dos demos que xogaban ao tute dentro dunha moza e caeulles o as de bastos e o sete de ouros polo burato do mexo.

26.- (p. 86) Roque das Goás. Desde que Vedrines vou por enriba do paso de Calais, Roque comezou a soñar con que inventaba un aparello voador. Tiña os planos perfectos nos soños, pero esquecíaos so espertar. Mesmo foi a Santiago ver onde aterrar. Deixou a labranza e dedicouse a soñar. Un día de seitura o fato Pastor topouno a durmir e mirouno fixamente, marchou a grandes saltos. Agora Roque volveu traballar porque Pastor lle roubou os planos coa mirada.

-20pxAdaptación na serie Os outros feirantes da Televisión de Galicia

27.- (p. 89) Marcelino Salgueiro. Á súa cabeza dálle por xirar a modiño. Cada vez vai a máis e el ten medo de que lle dea unha volta completa e o afogue. Vai a un menciñeiro que lle recomenda curas de espello. Ao non daren moito resultado faise un aparello de bidueiro para a manter no seu sitio. Pode ser un caso único o seu, sabendo que non daba a volta completa case a deixaba xirar e ser famoso. Mais agora a cabeza xa non quere xirar.