miniatura|Nesta fotografía do Directorio Militar de Primo de Rivera, o xeneral Dabán, con barba, é o primeiro pola esquerda da terceira fila. Antonio Dabán Vallejo, nado en Madrid o14 de febreiro de 1877 e finado en Villanueva de la Reina, Xaén, o 12 de febreiro de 1925, foi un militar español, fillo do tamén militar Antonio Dabán e Ramírez de Arellano.Payne (1976), p. 165 (Erroneamente, Payne, afirma que seu pai era Luis Dabán quen era, en realidade, seu tío).
Traxectoria Participou en diversas campañas en Filipinas (1897), onde obtivo varias distincións e conseguiu o ascenso a capitán e, posteriormente, no Protectorado españo, de Marrocos: Melilla (1911), Ceuta-Tetuán (1913-15) e Larache (1922). En 1919, foi declarado apto para ascender a xeneral de brigada.
Formou parte dun grupo de militares monárquicos xunto con Cavalcanti, Federico Berenguer e Saro, que se denominou o Cuadrilátero e que participou activamente no golpe de Estado de Primo de Rivera de setembro de 1923, e do que xurdiu o Directorio Militar que, presidido por Primo de Rivera, asumiu o poder e do que tamén formou parte. Posteriormente, organizou os somatenes na I Rexión Militar, sendo ascendido a comandante xeral.
Suicidio Antonio Dabán padecía unha neurastenia agravada pola depresión en 1924 como consecuencia da morte da súa muller, polo que en 1925, a piques de contrae-lo seu segundo matrimonio cunha irmá da falecida, quitouse a vida cun disparo que entrou pola tempa dereita e saíu pola orella esquerda. Tiña once fillos.
Foi enterrado no panteón familiar de Andújar.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Ditadura de Primo de Rivera Categoría:Militares da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1925