O Tribunal Supremo de Wisconsin (en inglés, Wisconsin Supreme Court) é a máis alta instancia xudicial do estado de Wisconsin, nos Estados Unidos. A súa sede está en Madison, a capital estatal e está integrado por sete maxistrados cuxas sentenzas só poden ser apeladas ante o Tribunal Supremo dos Estados Unidos.
Competencias Segundo o artigo sétimo da Constitución estatal, o Tribunal Supremo é o máximo órgano xurisdicional de Wisconsin correspondéndolle, polo tanto, resolver as apelacións dos casos dos xulgados. Ademais, administra o sistema xudicial de Wisconsin encargándose de elaborar o orzamento, planificar as necesidades futuras e xestionar os xurados.
Membros O Tribunal Supremo está composto por sete maxistrados que teñen mandatos de dez anos. Estes xuíces son escollidos por sufraxio entre candidatos independentes en eleccións anuais. Os membros do plenario escollen entre eles a un presidente (chief justice) para un exercicio bianual.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina web do Tribunal Supremo de Wisconsin (en inglés)
Categoría:Tribunais supremos Categoría:Dereito nos Estados Unidos de América Categoría:Wisconsin