Lontreira é unha banda musical galega integrada por Adri Coyote (Adriana Cores da Illa de Arousa) Rotce (Héctor Rodríguez de Moaña) e Iván Barral de Meis. Defínense dicindo que non teñen xéneros musicais e que traen dende ritmos caribeños como a cumbia ata sons máis eléctricos.

Traxectoria En 2022 gañaron o concurso da CRTVG á canción do verán con "Corazón de Toxo". A principios de 2023 sacaron o seu primeiro disco: Apnea, que presentaron na Illa de Arousa. En 2023 participaron no Atlantic Fest, a Festa do marisco do Grove e a Festa do albariño entre moitos outros, e en 2024 no Caudal Fest, fiv de Vilalba ou no Revenidas. Lontreira continuou coa súa xira Fenestra en 2024.

Distincións

En 2024 foron nomeados aos Premios Martín Códax da Música na categoría de eléctronica.

Discografía

Álbums

Apnea (2023)

Sinxelos e EPs "A Fonte" (2022) "Corazón de Toxo" (2022)De Adri Coyote, Rotce e La Quinkillada. "Ata a Volta" (2023) "Rave de toxo" (2023) "Lentes de Lúa" (2023) "Campo da Festa" (2023) "Calquer 24 decembro" (2023) "Ser Humano" (2024) "Campo da festa" - Kike Varela remix (2024) "QUE BAILE! QUE BAILE! QUE BAILE!", ft. Los Jinetes del Tropico (2024)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Grupos musicais de Pontevedra Categoría:Grupos musicais formados en 2022 Categoría:Música electrónica