Chasmanthe aethiopica é unha especie herbácea e perenne pertencente á familia das iridáceas. É unha planta ornamental de orixe surafricana.
En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras miniatura|Ilustración. miniatura|Flores. miniatura|Detalle da flor.
Descrición Chasmanthe aethiopica é unha planta ornamental de orixe surafricana que pode atoparse naturalizada nas marxes dalgunhas estradas, tendo carácter invasor. Diferénciase polas súas espigas unilaterais, normalmente simples e erectas. As flores son zigomorfas e teñen un periantio de cor vermella e amarela, formado por seis pezas que se unen formando un tubo basal duns 2-3 cm de lonxitude e libres na súa parte superior, sendo un deles de maior tamaño.
Taxonomía Chasmanthe aethiopica foi descrita por (L.) N.E.Br. e publicada en Transactions of the Royal Society of South Africa 20(3): 273. 1932.
Etimoloxía
Chasmanthe: nome xenérico que procede do grego chasme, que significa aberto, partido e anthos, que significa flor, facendo referencia aos tépalos incisos ou partidos.
aethiopica: epíteto que fai referencia a Etiopía, aínda que se adoita aplicar tamén a plantas africanas que teñen outra orixe.
Sinonimia
Antholyza aethiopica L., Syst. Nat. ed. 10, 2: 863 (1759). Gladiolus aethiopicus (L.) Drapiez, Dict. Sci. Nat. 5: 129 (1853). Petamenes aethiopica (L.) Allan, Bull. New Zealand Dept. Sci. Industr. Res. 83: 305 (1940). Gladiolus stoloniferus Salisb., Prodr. Stirp. Chap. Allerton: 31 (1796). Antholyza ringens Andrews, Bot. Repos. 1: t. 32 (1798), nom. illeg. Antholyza vittigera Salisb., Trans. Hort. Soc. London 1: 324 (1812). Antholyza aethiopica var. immarginata Baker in W.H.Harvey & auct. suc. (eds.), Fl. Cap. 6: 167 (1896). Antholyza aethiopica var. ringens (Andrews) Baker in W.H.Harvey & auct. suc. (eds.), Fl. Cap. 6: 167 (1896). Antholyza aethiopica var. vittigera (Salisb.) Baker in W.H.Harvey & auct. suc. (eds.), Fl. Cap. 6: 167 (1896). Antholyza immarginata (Baker) Thunb. ex N.E.Br., J. Linn. Soc., Bot. 48: 17 (1928). Chasmanthe peglerae N.E.Br., Trans. Roy. Soc. South Africa 20: 273 (1932). Chasmanthe vittigera (Salisb.) N.E.Br., Trans. Roy. Soc. South Africa 20: 274 (1932). Petamenes peglerae (N.E.Br.) E.Phillips, Bothalia 4: 44 (1941). Petamenes vittigera (Salisb.) E.Phillips, Bothalia 4: 44 (1941).
Notas
Categoría:Plantas descritas en 1932 Categoría:Flores Categoría:Plantas bulbosas Categoría:Plantas invasoras