O oxímetro de pulso ou pulsioxímetro é un dispositivo médico que mide indirectamente a saturación de osíxeno no sangue de forma non invasiva e indolora. O dispositivo está unido a algunha rexión do corpo, xeralmente a punta do dedo índice, emite luz a través do corpo, que é detectada pola outra parte do dispositivo. A cantidade de luz que non foi absorbida polo sangue e os tecidos úsase para determinar a saturación de osíxeno do sangue. As vantaxes do dispositivo sobre os métodos que implican a recollida de sangue inclúen a facilidade de uso e a ausencia de dor mentres que as desvantaxes inclúen unha menor precisión. A precisión dos oxímetros de pulso adoita estar entre o 2% e o 4%. As medicións normais están entre o 95% e o 100%, por debaixo do 92% poden ser signos de hipoxia e por debaixo do 88% requiren atención clínica inmediata.
Véxase tamén
Saturación de osíxeno Insuficiencia respiratoria Hemoglobina Terapia de osíxeno
Categoría:Equipamento médico