Galicia Libre foi unha publicación semanal editada en Buenos Aires en 1937.
Historia e características Subtitulada Semanario popular informativo, apareceu o 18 de xuño de 1937. Iniciativa de Luís Seoane e Xosé Núñez Búa, estana dirixida por Luís Seoane. Entre os seus colaboradores figuraron Gildo Santos, Rafael Dieste, Moncloa e Jesús Carracedo. Pretendía apoiar ao bando republicano na Guerra civil española e denunciar os crimes do bando franquista. Incluía debuxos e colaboracións literarias sobre a represión franquista. Tamén publicou un artigo de Castelao no que se facía un chamamento ás sociedades galegas para que apoiasen a causa republicana. Saíu durante algúns meses.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Buenos Aires Categoría:Luís Seoane