William F. "Bill" Fivaz, nado en Fulton, Nova York, o 26 de febreiro de 1934, é un escritor numismático estadounidense.Smith, P. (2012).
Traxectoria Fivaz naceu na localidade de Fulton, situada na área metropolitana de Syracuse, no condado de Onondaga, Nova York, e cursou os seus estudos universitarios no Hamilton College, de Clinton, Nova York, na especialidade de Belas Artes.Hernandez, J. L. (2022). "Because Hamiltonians Collect: Bill Fivaz '56". Hamilton.edu. 13 de decembro.
Logo da súa graduación ingresou na Mariña dos Estados Unidos, onde permaneceu ata 1959. Ese ano ingresou na compañía Nestlé, onde desenvolveu toda a súa carreira profesional ata a súa xubilación en 1996, co cargo de director rexional de vendas en Atlanta a partir de 1975.
Como coleccionista de moedas desde 1950, o interese de Vizaz centrouse nos erros e nas variantes de cuñaxe, aspecto que tamén o ocupou como investigador e autor numismático. En 2003 vendeu a práctica totalidade das pezas da súa colección.
É autor de máis dunha ducia de libros sobre numismática e coleccionismo de moedas, e é particularmente coñecido como coautor de The Cherrypickers' Guide to Rare Die Varieties ("Guía Cherrypicker de variedades de cuño raras"), publicado por primeira vez en 1990 e reeditado posteriormente en diversas ocasións."Die Variety Photographs Welcomed for New Cherrypickers’ Guide, Sixth Edition, Volume II". En The E-Sylum. Vol 22. Nº 43. 27 de outubro dee 2019. Outras das súas publicacións destacadas son Helpful Hints For Enjoying Coin Collecting ("Consellos útiles para gozar co coleccionismo de moedas"), de 1999,Vivaz, B. (1999). Helpful Hints For Enjoying Coin Collecting. Stanton . ISBN 978-1892706058 United States Gold Counterfeit Detection Guide ("Guía de detección de falsificacións de ouro dos EEUU"), de 2005,"Fivaz, B. (2005). United States Gold Counterfeit Detection Guide. Whitman Pub. ISBN 978-0794820077 e Managing & Settling a Numismatic Estate ("Xestión e disposición dun patrimonio numismático"), escrita xunto con Beth Deisher e David S. Lande e editada pola American Numismatic Association.Fivaz, B. et al. (2919). Managing and Settling a Numismatic Estate: How to Preserve and Dispose of a Coin Collection. American Numismatic Association. 3ª ed. ISBN 9780896370340
Entre outras sociedades eruditas e asociacións, Fivaz é membro da Rittenhouse Society e da American Numismatic Association, a cuxa xunta de goberno pertenceu entre 1985 a 1989. Tamén foi presidente do Club de Coleccionistas de Erros Numismáticos de América.
Entre 2004 e 2009, foi membro do Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda dos Estados Unidos.
En 2021, Fivaz foi incluído na listaxe das persoas máis influentes da numismática nos Estados Unidos no período 1960-2020, publicada pola revista Coin World."Bill Fivaz". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. 2021. Páxina 54.
Vida persoal Fivaz casou en 1956 con Marilyn Briggs, con quen tivo dous fillos.
Recoñecementos Estes son algúns dos premios máis salientables dos que Bill Fivaz foi merecedor ao longo da súa carreira:
1982: Nomeado Embaixador Numismático pola revista Numismatic News.
1984 e 1989: Medalla ao mérito da American Numismatic Association (ANA). "ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association.
1987: Premio Lyndon King, da Combined Organization of Numismatic Error Collectors of America (CONECA)."Dr. Lyndon King Award". Conecaonline.org
1988: Hall of Fame da CONECA."Hall of Fame Inductees". Conecaonline.org 1990: Premio Kenny Knapp, da CONECA."Kenny Knapp Award". Conecaonline.org 1991: Glenn Smedley Memorial, da ANA. 1992: Premio Alan Herbert, da CONECA. "Literary Awards and Recognitions": Conecaonline.org 1995: Premio Farran Zerbe Memorial, da ANA. 1999: Premio Eddie Colwell, da CONECA. "Cherrypicker's Awards". Conecaonline.org 1999: Premio Robert Friedberg, do Gremio de Numismáticos Profesionais dos Estados Unidos."Robert Friedberg Award". Professional Numismatists Guild (PNGdealers.org). 2001: Numismático do ano, da ANA."ANA announces Bill Fivaz 2001 Numismatist of the Year". American Numismatic Association. 2002: Hall of Fame da ANA."Past Hall of Fame inductees by year". American Numismatic Association. 2003: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild."The Clemy Award Winners ". Numismatic Literary Guild. 2011: Premio Fivaz-Stanton, da CONECA.
Premio Bill Fivaz En 1989, a Combined Organization of Numismatic Error Collectors of America (CONECA) institiuíu na súa honra o Premio Bill Fivaz ao mellor numismático xuvenil do ano, que se concedeu, cunha relativa continuidade, ata 2003. Estes son os autores recoñecidos co Premio Bill Fivaz:
1989: Paul D'Arcy e Greg Lyon. 1992: Phil Nordin. 1993: Vicken Yeparian. 1995: Rien Thum. 1996: Akio Lis. 1997: Steven Roach. 1998: David Shapiro. 1999: Steven Roach. 2000: David Shapiro. 2001: Cherylin Izuo. 2002: Jon Sullivan. 2003: Jeffray Swindling.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Smith, P. (2012). "Fivaz, William F. "Bill"". En American Numismatic Biographies. Páxina 146.
Categoría:Nados en 1934 Categoría:Nados no condado de Oswego, Nova York Categoría:Alumnos do Hamilton College Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Galardoados co premio Robert Friedberg Categoría:Coleccionistas Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Personalidades sen imaxes