Francisco "Paco" Casal, nado en São Paulo o 7 de agosto de 1954, é un empresario uruguaio, de ascendencia galega, vencellado ao mundo do fútbol. Tras unha discreta carreira como futbolista, gañou fama na representación de xogadores, chegando a ser un dos maiores representantes de toda América do Sur e unha das figuras máis influentes do fútbol uruguaio. É propietario da empresa Tenfield e da canle de televisión GolTV.
Traxectoria Naceu na cidade brasileira de São Paulo, sendo fillo de emigrantes galegos. Con sete meses a súa familia instalouse en Montevideo, onde seu pai traballou como almaceneiro.
Como futbolista Formouse na canteira do Defensor e foi recolledor de balóns no estadio Centenario,Francisco Casal: el dueño de la pelota Diario El Observador. Consultado el 7 de abril de 2021. onde realizou os seus primeiros negocios no fútbol sendo aínda un neno. Nunha final da Copa Libertadores entre o Estudiantes e o Palmeiras, aceptou diñeiro de Carlos Bilardo para atrasar a reposición dos balóns que saían fóra se o equipo arxentino ía gañando. Máis tarde, despois dun partido entre Peñarol e Santos, conseguiu un autógrafo de Pelé e replicou a sinatura da estrela brasileira para vender medio cento de copias como se fosen a verdadeira.
Chegou ao primeiro equipo de Defensor, co que debutou na Primeira División. Disputou só catorce partidos co primeiro equipo, e en xuño de 1975, con 19 anos, foi traspasado ao Atlético Madrid, co que non chegou a debutar en partido oficial, sendo cedido ao Racing de Santander.
A continuación regresou ao Uruguai, fichando polo Nacional de Montevideo, co que tampouco chegou a xogar oficialmente. Pasou logo polo Vasco da Gama do Brasil, onde tampouco xogou, e polo Fénix da capital uruguaia, antes de poñer fin á súa carreira en 1981.
Empresario En 1980, militando aínda no Vasco da Gama, tivo a oportunidade de negociar o pase do seu amigo Juan Ramón Carrasco.La amistad de Paco con Carrasco Diario digital LARED21. Consultado o 7 de abril de 2021. Posteriormente vendeu a Rodolfo Rodríguez aos Santos do Brasil, comezando da súa carreira como representante de xogadores de fútbol.
A fins da década do oitenta negociou xa os traspasos de importantes xogadores como Carlos “Pato” Aguilera, Antonio Alzamendi, Rubén Sosa, Enzo Francescoli, Hugo De León ou Nelson Gutiérrez, e nas seguintes décadas fixo o mesmo con futbolistas como Sebastián Abreu, "Manteca" Martínez, Fabián Canobbio, Álvaro Recoba, Gastón Pereiro ou Cristian Rodríguez.
Dereitos televisivos En 1998 co obxectivo de competir polos dereitos televisivos do fútbol uruguaio, creou xunto cos seus exrepresentados Enzo Francescoli e Nelson Gutiérrez a empresa Tenfield. Deste xeito realizou a súa primeira incursión na industria do entretemento, xerando un cambio no mundo do fútbol uruguaio e unha nova fonte de ingresos para os clubs do país.
Tamén obtivo os dereitos da selección uruguaia por medio dun precontrato asinado pola Asociación Uruguaia de Fútbol, a mercadotecnia (incluíndo indumentaria), e mesmo participou da organización de amigables da selección celeste. A partir de 1999, a canle VTV de Tenfield empezou a transmitir os encontros de cada xornada do fútbol uruguaio e os partidos de eliminatoria.
GolTV En 2002 fundou GolTV, unha canle concibida para transmitir programas e eventos de fútbol a nivel local. Con todo, dende 2005 a cadea expandiuse por Latinoamérica e conseguiu os dereitos para transmitir numerosos eventos.
En 2013 GolTV comprou os dereitos do fútbol peruano, explotándoos nun consorcio coa multinacional española Telefónica. Tres anos despois fixo o mesmo en Venezuela e en 2017, tamén accedeu á televisación do fútbol ecuatoriano. Desta forma constituíuse na primeira empresa de medios do Uruguai con presenza en varios países de América.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en São Paulo Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Uruguaios de ascendencia galega Categoría:Brasileiros de ascendencia galega Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Xogadores do Defensor Sporting Club Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Vasco da Gama Categoría:Xogadores do CA Fénix Categoría:Axentes de fútbol Categoría:Empresarios do Brasil Categoría:Empresarios do Uruguai