A Paisaxe arqueolóxica das primeiras plantacións de café do sueste de Cuba son os restos de varias plantacións de café do século XIX situadas nos contrafortes da Serra Maestra. Durante os séculos XIX e principios do XX, o leste de Cuba estivo principalmente involucrado co cultivo do café. Os restos das plantacións mostran as técnicas empregadas no difícil terreo, así como a importancia económica e social do sistema de plantacións en Cuba e no Caribe.
No ano 2000, a Paisaxe Arqueolóxica das Primeiras Plantacións de Café do Sueste de Cuba engadiuse á lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO.
Descrición O sitio Patrimonio da Humanidade inclúe 171 plantacións de café do século XIX e principios do XX ('cafeais') no sueste de Cuba, agrupados en sete lugares distintos:
ID Nome Coordenadas 1008-001 La Gran Piedra 1008-002 El Cobre 1008-003 Dos Palmas Contramaestre 1008-004 Yateras 1008-005 El Salvador 1008-006 Niceto Pérez 1008-007 Guantanamo
As plantacións atópanse en diferentes estados de conservación, dende o Cafetal Isabelica, que está totalmente restaurado, a algunhas que están totalmente arruinadas. Non obstante, todas seguen un esquema similar. No centro da plantación atópase a residencia do propietario, construída xeralmente ao estilo de arquitectura vasca, adaptada a un clima tropical. Rodeando a casa do dono estaban os barracóns dos escravos, feitos de madeira fráxil e cubertos con pólas e follas. Cada plantación tamén inclúe un secadeiro en socalcos para a preparación do gran de café e outros edificios para moenda e tueste.
Historia
Os colonizadores franceses estableceron plantacións de café no século XVIII na illa da Hispaniola, pero a independencia de Haití en 1804 fixo que fuxisen a Cuba, que entón estaba baixo dominio español. Durante o século XIX, establecéronse moitas plantacións de café en toda a Serra Maestra, pero non foron capaces de competir coas plantacións de café do Brasil, Colombia e Costa Rica a comezos do século XX, e declinaron gradualmente. Hoxe , só unhas poucas plantacións de café seguen en funcionamento.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Cuba
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Cuba