A tropa de trapo (en ; e en ) é unha serie española de animación infantil creada por Àlex Colls e producida pola compañía Abano Producións de Chelo Loureiro e Anera Films. Emitiuse orixinalmente en 2010 e componse de 52 episodios duns 7 minutos de duración.

Emitiuse en galego a través da TVG o 28 de abril de 2011.

Sinopse A serie está protagonizada por Mumu, Rita, Milo, Talalo, Olga e Alfred, un grupo de bonecos de trapo.

Filmes A serie inspirou dous filmes, sendo o primeiro A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol en 2010. Este filme foi a primeira experiencia do cinema español en animación 3D para o público infantil. Foi un proxecto presentado na Semana Internacional de Cine de Valladolid (SEMINCI) dese mesmo ano. O segundo filme foi A tropa de trapo na selva do arco da vella en 2014.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión iniciadas en 2010 Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión con versión galega