Lunar Orbiter 4 foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 4 de maio de 1967 mediante un foguete Atlas SLV-3 Agena D desde Cabo Cañaveral cara a Lúa.

Características Lunar Orbiter 4 foi unha sonda do programa Lunar Orbiter para fotografar a maior parte da superficie lunar cunha resolución de ata 1 metro de cara a facilitar o camiño para as alunizaxes do proxecto Apollo. Grazas a que as súas tres antecesoras completaron o obxectivo do programa, Lunar Orbiter 4 centrouse máis na fotografía científica. Tamén levaba a bordo medidores de intensidade da radiación e de impacto de micrometeoritos.

Lunar Orbiter 4 foi inxectada nunha órbita cislunar, chegando á Lúa e colocándose nunha órbita elíptica cun periapse inicial de 2706 km e un apoapse inicial de 6111 km, cunha inclinación de 85,5°.

O 11 de maio a porta térmica da cámara comezou a deixar de responder ben aos comandos para abrirse e pecharse, polo que decidiuse deixala aberta ante o risco de quedar pechada e bloquear a cámara, o que implicou manobras de control de actitude adicionais para manter a cámara alonxada da luz solar. A pesar diso o 13 de maio descubriuse que algo de luz solar estaba danando a película fotográfica e tomouse a decisión de pechar parcialmente a porta da cámara, para máis tarde atopar que a lente tiña condensación causada polas baixas temperaturas, sacando fotos lixeiramente borrosas. O 20 de maio o mecanismo de avance da película comezou a mostrar problemas, polo que a parouse de tomar fotos o 26 de maio. Finalmente tomáronse 419 imaxes de alta resolución e 127 de resolución media, cubrindo o 99% da superficie do lado próximo da Lúa cunha resolución de 58 e 134 m respectivamente. O contacto coa nave perdeuse o 17 de xullo de 1967. Debido ao decaemento natural da órbita calcúlase que impactou contra a superficie antes do 31 de outubro de 1967.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Programa Lunar Orbiter Atlas SLV-3 Agena D Lunar Orbiter 1 Lunar Orbiter 2 Lunar Orbiter 3 Lunar Orbiter 5

Categoría:Programa Lunar Orbiter