Xalé é un filme senegalés de 2022 dirixido por Moussa Sene Absa. É o terceiro filme do director da súa triloxía centrada nas mulleres, despois de Tableau Ferraille (1995) e L'Extraordinaire destin de Madame Brouette (2002). Foi escollido como candidato do Senegal para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Ambientada en Dakar, o filme conta historia de dous xemelgos de 15 anos, Awa (Nguissaly Barry) e Adama (Mabeye Diol). Awa está centrada nos seus estudos académicos, mentres o seu irmán, Adama, ten como obxectivo emigrar a Europa. Trala morte da súa avoa, son postos a cargo do seu tío Atoumane (Ibrahima M'Baye).

Personaxes Nguissaly Barry como Awa Mabeye Diol como Adama Ibrahima M'Baye como Atoumane Rokhaya Niang como Fatou

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Senegal propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua wólof Categoría:Filmes do Senegal