miniatura|Microfichas dun volume de 1996 do ICES Journal of Marine Science. O microfilme é un sistema analóxico e fotográfico para a conservación, xestión e difusión de documentos. Foi inventado en 1859 en París por René Dagron.

A súa produción está sometida a un alto grao de normalización, tanto na súa metodoloxía como nos materiais empregados e un estrito control dos produtos resultantes.Véxase a descrición da norma ISO en «ISO 6199:2005: Micrographics - Microfilming of documents on 16 mm and 35 mm silver-gelatin type microfilm - Operating procedures» na web do www.iso.org

O seu obxectivo é obter unha reprodución exacta do documento orixinal, representado nun grao de redución determinado e coñecido, sobre un soporte fotográfico normalizado e cuxa posición dentro dunha serie documental poida establecerse.

Todo isto fai que cada unha das súas imaxes teña un valor individual e que as institucións e mesmo os gobernos dalgúns países acepten o microfilme como un documento con valor probatorio nos xulgados.

Microficha miniatura|Lector de microfichas, en Boston. A microficha é unha variante plana, que resolve as dificultades de mantemento das bobinas. Ambos formatos tiñan a vantaxe de reproducir unha gran cantidade de información nun pequeno volume. Até a chegada dos métodos dixitais ou electrónicos, era a solución máis empregada para reducir o volume de documentos en papel ou para distribuír documentos raros ou preciosos, dos que a consulta con demasiada frecuencia do orixinal podía contribuír á súa deterioración. Tiñan a desvantaxe de que tanto as bobinas de microfilme como as microfichas estaban suxeitas a un desgaste considerable debido á súa manipulación.

Tamén tiña unha función militar, debido á posibilidade de transportar en segredo unha gran cantidade de información. Antes da aparición de Internet, as microfichas usábanse na industria para poñer a disposición debuxos técnicos e identificar compoñentes. O método permitiu deixar unha copia da Biblia na lúa en só catro centímetros cadrados. A pesar da súa boa fiabilidade, o formato analóxico do soporte non permite procuras automatizadas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía / Dispoñíbel tamén en castelán "Planificación, equipamiento y dotación de personal de un servicio reprográfico de documentos: un estudio del RAMP con directrices" - UNESCO Digital Library

Categoría:Biblioteconomía