María Teresa Tocino Barreiro, coñecida como Maite Tocino, nada en Pontecesures en 1980, é unha política galega do BNG.

Traxectoria Cursou estudos de Relacións Laborais. Traballadora dunha multinacional da alimentación na que foi delegada de persoal e presidenta do comité de empresa en representación da CIG. Nas eleccións municipais de 2015 foi a número 2 da candidatura do BNG en Pontecesures, encabezada por Cecilia Tarela, sendo elixida concelleira e encargándose da área de Cultura no goberno encabezado por Tarela ata a moción de censura de maio de 2016. Nas municipais de 2019 volveu ser elixida concelleira como número 2 do BNG, manténdose na oposición. Nas municipais de 2023 encabezou a candidatura do BNG, que pasou de 2 a 4 concelleiros, e foi elixida alcaldesa co apoio dos 2 concelleiros do PSdeG-PSOEMaite Tocino: «As persoas con máis experiencia asumirán as concellerías en Cesures», cos cales formaría goberno.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Pontecesures

Ligazóns externas Maite Tocino: "Pontecesures está sumido en el más absoluto abandono". Entrevista en Faro de Vigo

Categoría:Alcaldes de Pontecesures Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Pontecesures Categoría:Nados en 1979