O Swift foi o primeiro caza de reacción con ala en frecha que entrou en servizo, pero debido a unha serie de problemas estivo en activo só 15 meses, equipando un único escuadrón. O primeiro Swift F.Mk 1 de serie entregouse ó 56 Escuadrón en febreiro do ano 1954 e foi seguido polos tipos F.Mk 2, 3 e 4. Cada versión introduciu melloras menores, como un armamento de catro canóns, poscombustión e estabilizadores monobloque. Os problemas básicos non se resolveron, e o 56 Escuadrón volveu ó Meteor en maio do 1955. O Swift FR.Mk 5 serviu destacadamente como avión de recoñecemento da RAF en Alemaña ata 1961. As última versión F.Mk 7 resolveuWinchester, Jim. The World's Worst Aircraft: From Pioneering Failures to Multimillion Dollar Disasters. London: Amber Books Ltd., 2005, p. 313 moitos dos problemas das versións anteriores pero só se construíron catorce que empregou o Escuadrón de Desenvolvemento de Armas Guiadas na avaliación de mísiles.

Deseño e desenvolvemento

Antecedentes Durante o ano 1945 a segunda guerra mundial chegou ao seu fin e ao Reino Unido chegou ao poder un novo goberno laborista, liderado por Clement Attlee.Wood 1975, p. 40 A postura inicial do goberno de Attlee sobre a defensa era que non podería haber un gran conflito en polo menos unha década, e polo tanto non habería necesidade de desenvolver ou mercar un novo avión ata 1957. Segundo esta política, sen contar algunhas pequenas excepcións como o Hawker Sea Hawk para a Royal Navy, a meirande parte das especificacións publicadas polo Ministerio do Aire para avións do tamaño dun caza a finais dos 40 restrinxíronse a propósitos de investigación.Wood 1975, pp. 40-43 O autor Derek Wood refírese a esta política como: "un erro fatal de xuízo que custou ao Reino Unido unha xeración completa de cazas e bombardeiros pesados".

En parte, o Swift ten as súas orixes neses cazas experimentais desenvolvidos. Especificamente, pedíronse varis prototipos fabricados por Supermarine baixo a Especificación E.41/46, que buscaba a produción dun caza experimental cunha á en frecha. O primeiro destes prototipos foi designado como Type 510, que estaba fortemente baseado no Supermarine Attacker de á recta, un dos primeiros avións a reacción que foi mercado pola Fleet Air Arm (FAA) da Royal Navy; a principal diferenza con respecto o Attacker era a súa configuración en frecha.Wood 1975, p. 46 Durante 1948 o Type 510 realizou o seu voo de estrea, un ano despois de que voase o primeiro prototipo navalizado do Attacker. Este foi o primeiro voo dun avión británico coas ás e a cola en frecha. O 510 tamén foi o primeiro avión con ás en frecha e engalar e aterrar nun portaavións durante as probas realizadas para a Fleet Air Arm. miniatura|250x250px|Swift FR.5 Durante finais dos anos 40, ante o escenario emerxente da guerra fría, a RAF chegou a recoñecer que precisaba urxentemente o desenvolvemento e adquisición de cazas equipados con características como as ás en frecha; esta necesidade era tan apremiante que consideraron aceptar cazas provisionais ata que se puidesen mercar avións máis capaces.Wood 1975, pp. 43-45 En 1950, o estoupido da Guerra de Corea e a forte implicación do Reino Unido neste conflito deu lugar a que se emitisen varios pedidos; en particular, a RAF considerou que un par de cazas propostos por Hawker Aircraft e Supermarine eran de grande importancia e polo tanto fixo pedidos por estes dous cazas "fóra do taboleiro de debuxo" en 1950.Wood 1975, pp. 45-46 O deseño proposto por Supermarine era designado Type 541, e era esencialmente un desenvolvemento avanzado do anterior avión experimental Type 510.

O pedido inicial realizado en 1950 por 100 avións estaba destinado a servir como unha póliza de seguro no caso de que o esforzo de Hawker non lograse producir un avión viable; eses dous avións convertiríanse posteriormente nos Supermarine Swift e Hawker Hunter respectivamente. A principios de 1946 o pedido do Type 541 incrementouse ata os 150 avións, xa que o Ministerio do Aire tiña a esperanza de que puidese entrar en servizo antes que o Hunter. Porén, o desenvolvemento dos dous avións sería longo e atopouse con varios problemas técnicos de consideración; segundo Wood, isto foi en parte debido a non mercar avións provisionais con ás en frecha e a non proseguir co desenvolvemento do Miles M.52. Wood describe ao Swift como "literalmente un intento de espremer un cuarto nunha pinta, con canóns de 30mm Aden, posqueimador, controis de potencia, combustible axeitado e un rendemento subsónico respetable".

O Type 541 substituíu o motor Rolls-Royce Nene do seu predecesor polo Rolls-Royce AJ.65, que se convertería na famosa serie Avon. A fuselaxe, que recibira unha sección transversal axeitada para o Nene, non foi redeseñada para os máis estreitos motores AJ.65 e Avon, e mantivo unha aparencia un tanto repoluda. Equipouse ao deseño cun tren de aterraxe en triciclo. Fabricáronse un par de prototipos do Type 541, voando o primeiro deles en 1951 e o segundo o ano seguinte.

Produción miniatura|250x250px|Supermarine Swift F.1 O Swift fora declarado un artigo de "super-prioridade" para a produción baixo unha política que fora creada por Sir Winston Churchill (que recuperara o cargo de primeiro ministro en 1951) como un medio para aumentar a produción de proxectos considerados de vital importancia militar. Segundo Wood, a fabricación en masa comezou antes da implementación de modificacións baseadas nos resultados das expeciencias de voo cos prototipos; "pedírase demasiado en moi pouco tempo e os avións de produción estaban saíndo da fábrica antes de que poudese realizar un gran redeseño".

A primeira variante de produción foi un caza designado Swift F Mk 1, do cal se fabricaron 18 unidades. Estaba impulsado por un único motor Avon 109 de 33,4 kN e levaba un armamento formado por dous canóns ADEN de 30 mm. O 25 de agosto de 1952 realizouse o primeiro voo dun Swift F 1 de produción estándar. Peter Thorne, que fora designado piloto de probas sénior da RAF para o Swift en 1954, chegou a dubidar de se o avión era axeitado; as observacións de Thorne e doutros pilotos destacaban que o Swift tiña unhas cualidades de manexo pouco comúns xunto cun motor problemático.

A segunda variante foi o Swift F Mk 2, da cal construíronse 16 avións. Era practicamente igual que o anterior F 1, agás porque estaba equipado con dous canóns ADEN máis e o bordo de ataque da á modificouse dunha configuración de á recta a unha en frecha. Porén, a adición deses canóns causou problemas xa que as modificacións estruturais precisadas para albergar o incremento de munición levaron a perigosos problemas de manexo e o avión necesitaba máis potencia. Posteriormente realizáronse máis modificacións para resolver eses problemas.

A terceira variante do Swift foi a F Mk 3, sendo fabricados 25 e impulsados por un motor Avon 114 con posqueimador. Nunca entrou en servizo coa Royal Air Force e usouse como un fuselaxe de instrución. A seguinte variante foi a F Mk.4, que incluía un plano de cola de incidencia variable para corrixir os problemas de manexo que tiña o Swift. Isto solucionou o problema, pero descubríuse que o posqueimador non podía acenderse a gran alitude, engadindo novos problemas.

O seguinte na liña, o FR Mk 5, tiña un morro máis longo para acomodar varias cámaras para realizar o rol de recoñecemento e outras modificacóns na súa estrutura. O FR 5 tiña o mesmo armamento que o F 1. Voou por vez primeira en 1955 e entrou en servizo no ano seguinte. Realizaba as súas tarefas de recoñecemento principalmente a baixa cota, facendo que o problema co posqueimador fose irrelevante.

Deseñáronse dúas variantes máis; o PR Mk 6 era unha variante de fotorrecoñecemento desarmada. Porén, o programa tivo unha vida curta debido a problemas que aínda tiña o posqueimador. A derradeira variante foi o F Mk 7; este modelo foi o primeiro Swift equipado con mísiles guiados, estando armado co mísil aire-aire Fairey Fireflash e impulsado por un novo modelo do motor Avon. Só 14 F 7 foron fabricados e ningún deles entrou en servizo coa RAF, sendo relegados, xunto cos prototipos dos mísiles, a realizar probas de mísiles guados.

Especificacións Tipo: Caza diúrno monopraza Supermarine Swift F.Mk 1. Construtor: Supermarine Aviation Works (Vickers) Ltd Ano: 1950 Principal usuario: Royal Air Force Envergadura: 9,85 m. Lonxitude: 13,55 m. Altura: 4,1 m. Área alar: 30,5 m². Peso baleiro: 6.094 Kg. Peso cargado: 9.380 Kg. Planta motriz: 1 Rolls-Royce Avon RA7 de 7.500 libras de pulo unitario. Armamento: 2 canóns de 30 mm a proa. Velocidade máxima: 685 millas/h Alcance operacional: 480 millas

Notas

Bibliografía

Wood, Derek. Project Cancelled. Macdonald and Jane's Publishers, 1975.

Categoría:Aeronaves da Royal Air Force Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1948 Categoría:Cazas Categoría:Aeronaves de Supermarine