Lixing 1, tamén coñecido como LX-1, foi un satélite artificial da Academia China de Ciencias (CAS polas súas siglas en inglés) lanzado o 15 de agosto de 2016 mediante un foguete CZ-2D desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.

Características A misión de Lixing 1 foi estudar a atmosfera superior da Terra, para o cal foi enviado a unha órbita infrecuentemente baixa, de só 124 km de perixeo e 140 km de apoxeo. Tiña forma de cilindro cunha masa de 110 kg e reentrou na atmosfera o 15 de agosto de 2016.

Notas

Véxase tamén Outros artigos CZ-2D

Categoría:Satélites artificiais