Il Boemo é un filme de 2022 coproducido entre a República Checa, Italia e Eslovaquia e dirixido por Petr Václav. O filme conta a vida do compositor checo Josef Mysliveček (1737–1781), quen foi un dos compositores máis aclamados e prolíficos de ópera seria en Italia na segunda metade do século XVIII, e mentor e amigo de Wolfgang Amadeus Mozart. Está protagonizado por Vojtěch Dyk, Elena Radonicich, Barbara Ronchi e Lana Vlady. Estreouse na 70ª edición do Festival Internacional de Cinema de Donostia o 19 de setembro de 2022.
Foi escollido como candidato da República Checa para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Participou no Festival de Cine Italiano de Lisboa en 2025.
Personaxes
Vojtěch Dyk como Josef Mysliveček Barbara Ronchi como Caterina Gabrielli Lana Vladi como Anna Fracassati Elena Radonicich como marchesa Diego Pagotto como Orfeo Crispi Philip Hahn como Wolfgang Amadeus Mozart Salvatore Langella como Conte di San Paolo Philippe Jaroussky Lino Musella Martina Babišová Raffaella Milanesi Juan Sancho Emőke Baráth Karel Roden Zdeněk Godla Simona Šaturová Krystian Adam Giulia Semenzano Sophie Harmsen Benno Schachtner
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da República Checa propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua checa Categoría:Filmes da República Checa Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Eslovaquia Categoría:Filmes rodados en Praga Categoría:Filmes ambientados en Praga Categoría:Filmes ambientados en Nápoles Categoría:Filmes ambientados en Venecia