Antonio Losada Ferreiro, coñecido como Canillas, nado no Saviñao cara a 1899 e finado en Escairón en decembro de 1956, foi un labrego e político galego.

Traxectoria Labrego e chofer, membro da sociedade Trabajadores de la Tierra afecta á UGT en 1931. Participou na constitución do Comité Republicano Socialista de Escairón. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu fuxido, sendo declarado en rebeldía en 1938. Os seus irmáns José, Manuel e María foron detidos en varias ocasións para conseguir que se entregara. Entregouse o 11 de marzo de 1940 xunto con Ramón Pérez Vispo e Armando López Losada. Ingresou en prisión o 11 de marzo e foi xulgado por auxilio á rebelión e condenado a 12 anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Lugo ata que lle concederon a prisión atenuada o 10 de outubro de 1941.BOE, 27-10-1941, p. 8370. Finou en Escairón en decembro de 1956.El Pueblo Gallego, 19-2-1956, p. 8.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1956