Helena García Suárez, nada na Coruña en 2006, é unha taekwondista galega.

Traxectoria Naceu nunha familia moi vencellada ao taekwondo, sendo filla de Meri Suárez, campioa de Europa e do mundo en categoría máster, e irmá menor de Sara García, campioa de España sénior. Comezou a practicar taekwondo con seis anos e a competir con doce, adestrada pola súa nai no centro de adestramento que esta rexenta na Coruña.

En outubro de 2022 conseguiu a medalla de bronce no Campionato de Europa Júnior celebrado en Lituania e en febreiro de 2023, con só 16 anos, proclamouse campioa de España absoluta na categoría de -73 kg. Ese mesmo ano gañou tamén o título nacional sub-21 e o júnior.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos da taekwondista en taekwondodata.com .

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 2006 Categoría:Taekwondistas de Galicia