Moeda de 5 centavos de dólarShield "5 Cents "Shield Nickel (1866-1867)"". Numista.com"5 Cents "Shield Nickel (1867-1883)"". Numista.com130x130pxAnverso común(1866-1883) Escudo con grilanda. IN GOD WE TRUST (data)130x130px130x130px1º reverso (1866-1867)Valor. 13 raios e 13 estrelasUNITED STATES OF AMERICA2º reverso (1867-1883)Valor. 13 estrelasUNITED STATES OF AMERICA Valor: 5 centavos de dólar. Gravador: James B. Longacre. Data de emisión: 1866-1883. Ceca: Casa da Moeda dos EEUU: ceca de Filadelfia. Tiraxe: 128.002.700 circulantes (+ ca. 31.094 proof). Aliaxe: 75 % cobre e 25 % níquel. Diámetro: 20,50 mm. Peso: 5,00 g. Canto: liso.

A moeda de 5 centavos de dólar Shield foi a primeira moeda estadounidense con ese valor facial producida en cuproníquel, a mesma aliaxe coa que se continuou cuñando ata os nosos días. O seu deseño débeselle ao daquela gravador xefe da Casa da Moeda dos EEUU, James Barton Longacre, e emitiuse desde 1866 ata 1883, cando foi substituída polos 5 centavos Liberty Head. A moeda toma o seu nome do motivo central do seu anverso (inglés shield = "escudo").

O valor de 5 centavos viñérase cuñando en prata desde os primeiros tempos de existencia da Casa da Moeda dos Estados Unidos, a finais do século XVIII, mais desapareceran da circulación, xunto coa maioría das demais moedas, durante a axitación económica producida pola guerra civil. En 1864, a US Mint introduciu na circulación con éxito as moedas de faciais baixos, cuxo valor intrínseco non se aproximaba ao seu valor nominal. O industrial Joseph Wharton avogou daquela por que as moedas levasen níquel na súa composición, un metal no que el posuía importantes intereses financeiros. Cando a Casa da Moeda propuxo unha peza de 5 centavos de aliaxe de cobre e níquel, o Congreso exixiu que a moeda fose máis pesada do que a ceca concibira inicialmente, o que lle permitiu a Wharton venderlle máis metal ao Goberno.

O deseño de Longacre baseouse nas súas moedas de 2 centavos, e simboliza a forza dun país unificado. O proceso de cuñaxe desta moeda resultou ser complicado, o que provocou que o deseño do seu reverso tivese que modificarse en 1867. Malia todo, as dificultades de produción continuaron, causando numerosas variantes menores que son hoxe obxecto de interese para o coleccionismo.

A emisión dos 5 centavos Shield para a circulación suspendeuse en 1876 durante un período de máis de dous anos, por mor do exceso de moedas de baixo valor facial que estaban en circulación, e só se cuñou en pequenas cantidades ata 1882. O ano seguinte, o modelo foi substituído pola nova moeda de 5 centavos Liberty Head, deseñada por Charles E. Barber.

Antecedentes e autorización esquerda|miniatura|O industrial Joseph Wharton, partidario de introducir o níquel como metal de cuñaxe. A Casa da Moeda dos Estados Unidos cuñaba pezas de cinco centavos desde 1792; de feito, estas foron as primeiras moedas saídas da ceca pública estadounidense.Montgomery, P. et al. (2005). Páxina 22. A aliaxe utilizada orixinalmente era de 892 milésimas de prata e o resto de cobre, e en 1837 a proporción de prata aumentárase ata as 900 milésimas.Taxay, D. (1983) . Páxina 388.

A Guerra de Secesión fixo que a maioría das moedas estadounidenses desaparecesen da circulación, e o baleiro creado encheuse con fichas privadas emitidas polos propios comerciantes, co uso de selos de correos encapsulados e coa emisión oficial de papel moeda de baixos valores faciais —de ata 3 centavos—, coñecido como Shinplaster ou Fractional Currency ("moeda fraccionaria"). As moedas de ouro e de prata eran obxecto de atesouramento e de exportación, e mesmo o centavo Indian Head, de cuproníquel, daquela a única moeda que se cuñaba en metal base, chegou a desaparecer da circulación.Taxay, D. (1983) . Páxina 243. En 1864, o Congreso comezou o proceso de restaurar a circulación de moedas abolindo os billetes de 3 centavos e autorizando a cuñaxe de centavos de bronce e de moedas de 2 centavos, con valores intrínsecos baixos. Estas novas moedas resultaron populares ao principio, aínda que a de 2 centavos desapareceu de camiño da circulación. O 3 de marzo de 1865, o Congreso aprobou unha lei que autorizaba a Casa da Moeda para cuñar moedas de 3 centavos, cun 75 % de cobre e un 2 5% de níquel.Lange, D. W. (2006). Páxina 99.

En 1864, o Congreso autorizara unha terceira serie de billetes de "moeda fraccionaria". Segundo o previsto, o billete de 5 centavos debía levar un retrato de "Clark", mais o Congreso alporizouse cando o retrato que saíu reproducido na emisión non foi o do explorador William Clark, senón o de Spencer M. Clark, o xefe da Oficina de Gravado e Impresión dos EEUU. Segundo o historiador numismático Walter Breen, "a resposta inmediata do Congreso foi aprobar unha lei para retirar o novo billete de 5 centavos, e outra para prohibir a representación de calquera persoa viva nas moedas e nos billetes federais". Clark só conservou o seu posto grazas á intervención directa do secretario do Tesouro, Salmon P. Chase.Breen, W. (1988). Páxina 246. miniatura|O daquela director da US Mint, James Pollock. O daquela director da Casa da Moeda dos EEUU, James Pollock, opuxérase ata entón a cuñar moedas que contivesen níquel, mais en vista do éxito inicial da moeda de cuproníquel de 3 centavos, cambiou de opinión e pasou a ser partidario da cuñaxe de pezas de 5 centavos na mesma aliaxe. No seu informe de 1865, Pollock escribiu:Taxay, D. (1983) . Páxina 244.

O industrial Joseph Wharton posuía case o monopolio da extracción de níquel nos Estados Unidos e tratou de promover su uso deste metal na cuñaxe de moedas.Montgomery, P. et al. (2005). Páxina 25. Tamén tiña moita influencia no Congreso; os seus amigos alí, malia teren fracasado nos seus intentos de acadar a aprobación do uso do níquel na moeda de 2 centavos, tiveran máis éxito no caso da moeda de 3 centavos.Taxay, D. (1983) . Páxinas 241-244. O director Pollock preparou un proxecto de lei polo que se autorizaría unha moeda de 5 centavos da mesma aliaxe que a da moeda de 3 centavos, e cun peso total non superior a 3,90 gramos. Durante a fase de tramitación do proxecto de lei na Comisión de Moeda, Pesos e Medidas da Cámara de Representantes, o peso modificouse para o subir ata os 5,00 gramos, aparentemente para que supuxese un número redondo no sistema métrico decimal, aínda que máis probablemente para que Wharton puidese venderlle ao Tesouro máis cantidade de níquel, o que facía que a nova moeda resultase pesada en comparación coa de 3 centavos de cuproníquel. O proxecto de lei foi aprobado sen debate o 16 de maio de 1866. A nova moeda de 5 centavos de cuproníquel tiña curso legal ata a cantidade dun dólar, e sería pagada polo Tesouro a cambio de moeda dos Estados Unidos, excluíndo o medio centavo, o centavo e os dous centavos. Podíase trocar en lotes de 100 dólares por billetes. Coa aparición desta nova moeda, retiráronse os billetes "fraccionarios" de valores faciais inferiores aos dez centavos.Peters, G.; Mohon, C. (1995). Páxina 3.Lange, D. W. (2006). Páxina 100.

Deseño e produción esquerda|miniatura|O deseñador da moeda: James Barton Longacre."James Barton Longacre". National Portrait Gallery. Smithsonian Institution.

miniatura|140x140px|A moeda de 2 centavos de Longacre, cuxo deseño foi a base dos 5 centavos Shield.

Como a produción tiña que comezar de inmediato, cumpría que o gravador xefe da Casa da Moeda, James B. Longacre, preparase un deseño o antes posible.Taxay, D. (1983) . Páxinas 244-245. Mesmo no momento en que o proxecto de lei de autorización dos 5 centavos estaba aínda pendente no Congreso, Longacre xa producira algunhas cuñaxes en proba, a finais de 1865.Breen, W. (1988). Páxina 247. Entre os espécimes de proba producidos por Longacre, un presentaba un escudo moi similar ao deseño que preparara para a moeda de 2 centavos, aínda que algo alterado, xa que o gravador cambiara a localización das dúas frechas no deseño, eliminou o pergamiño que levaba inscrito o lema nacional IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos") —a primeira vez que aparecía nunha moeda estadounidense—, e engadiu unha cruz, aparentemente coa intención de que figurase unha cruz patada na parte superior do escudo.Peters, G.; Mohon, C. (1995). Páxina 3.Howard Spindel, experto nos 5 centavos Shield, pon en dúbida que se trate dunha cruz patada, alegando as diferenzas entre a utilizada na moeda e a cruz patada heráldica.Véxase Bowers, Q. D. (2006). Páxina 63. Outro modelo dos propostos por Longacre representaba no anverso a George Washington, e un terceiro amosaba o presidente Abraham Lincoln, que acababa de ser asasinado. Entre os deseños de reverso propostos por Longacre había un co número 5 dentro dun círculo de trece estrelas, cada unha separada da seguinte por raios. O secretario do Tesouro, Hugh McCulloch, seguindo a recomendación de Pollock, elixiu o deseño do escudo para o anverso e o das estrelas e os raios para o reverso. Pollock non chegou a amosarlle a McCulloch o deseño de Lincoln, xa que cría que non sería ben recibido no Sur. miniatura|140x140px|Cuñaxe en proba de Longacre co busto de Washington no anverso. miniatura|140x140px|Reverso da anterior. Segundo o numismático Quentin David Bowers, o deseño do anverso de Longacre é "un dos motivos máis patrióticos das cuñaxes estadounidenses".Bowers, Q. D. (2006). Páxina 54. Baseado no escudo de armas do Gran Selo dos Estados Unidos de América, o deseño de Longacre centrouse no escudo como arma defensiva, que simboliza a forza e a autoprotección a través da unidade. A parte superior do escudo simboliza o Congreso, entanto que as 13 franxas verticais simbolizan os estados. Xa que logo, todo o conxunto representa a forza do Goberno federal a través da unidade dos estados. As frechas cruzadas, cuxos extremos son visibles preto da parte inferior do escudo, simbolizan a non agresión, pero implican a preparación contra o ataque. As pólas de loureiro, tomadas da tradición grega, simbolizan a vitoria.Peters, G.; Mohon, C. (1995). Páxina 16. No gravado heráldico, as liñas verticais representan o vermello, as áreas claras o branco e as liñas horizontais o azul, polo que o escudo é de cores vermella, branca e azul, nunha evidente evocación á bandeira dos Estados Unidos. Bowers non considera que o deseño do reverso sexa unha obra artística, senón puramente mecánica, obtida mediante o punzonado de caracteres e dispositivos nunha matriz de aceiro.

Ao iniciarse a produción das moedas comprobouse que a súa cuñaxe presentaba dificultades, xa que a dureza dos discos sobre os que se cuñaban provocaba non só unha mingua na calidade final, senón tamén o acurtamento da vida útil dos cuños de produción. O deseño da moeda foi tamén moi criticado: o industrial Wharton describiu o deseño do escudo como "unha lápida coroada por unha cruz e rodeada de salgueiros choróns. O American Journal of Numismatics describiuna como "a máis laida de todas as moedas coñecidas".Taxay, D. (1983) . Páxina 245. Máis grave aínda, o deseño do reverso lembraba a moitas persoas o motivo das "estrelas e barras" dos Estados Confederados derrotados.

Os raios elimináronse do deseño a principios de 1867, coa esperanza de arranxar así algúns dos problemas de produción.Peters, G.; Mohon, C. (1995). Páxina 4."1866-1867 Shield Nickel with Rays". Shieldnickels.us A transición ao novo deseño debía producirse o 1 de febreiro de 1867, mais é probable que a Casa da Moeda esgotase os cuños restantes co antigo deseño, o que suporía un importante aforro económico.Bowers, Q. D. (2006). Páxina 63. O cambio de deseño creou unha certa confusión entre a poboación, xa que moita xente asumía que algún dos dous deseños era unha falsificación, e a Casa da Moeda chegou a tomar en consideración a posibilidade de abandonar por completo o deseño do escudo.