miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Honduras, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Honduras ratificou a convención o 8 de xuño de 1979, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Honduras Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.
Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01Copán200px|Departamento de Copán 1980 129; IV, VI (cultural)02Reserva da biosfera de Río Plátano200px|Departamento de Gracias a Dios 1982 196; VII, VIII, IX, X (natural)
Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poden considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional. En 2025, Honduras incluíu catro bens na súa lista provisional.
+ Sitios provisionais Sitio Imaxe Localización (departamento) Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición Reserva da Biosfera Río Plátano (extensión natural)150pxDepartamento de Colón, Departamento de Gracias a Dios, Departamento de Olancho2019VII, IX, X (natural)Fortaleza de San Fernando de Omoa150pxDepartamento de Cortés2021IV (cultural)Refuxio El GiganteDepartamento de La Paz2021III, IV, V (cultural)Cidades mineiras do centro e do sur de Honduras: Santa Lucía, Cedros, Ojojona-Guazucarán, San Antonio de Oriente, Tegucigalpa, Yuscarán, El Corpus200pxDepartamento de Choluteca, Departamento de El Paraíso, Departamento de Francisco Morazán2021IV (cultural)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país