A cabeza de cobra, esterloquia,Guía das plantas de Galicia, Xosé Ramón García, 2008 herba bicha"herba" en EGU ou aristoloquia,aristoloquia en Digalego (Aristolochia paucinervis) é unha herbácea da familia das aristoloquiáceas.

En Galicia esta é a planta nutricia da eiruga da bolboreta arlequín.

miniatura|Detalle da flor

Caracteres Planta herbácea e vivaz que forma unha pequena tuberosidade subterránea, da que parten numerosas raíces de cor ocre claro, que se fincan verticalmente no chan. Os talos, de 30-40 cm, desenvólvense en zigzag. Nos cóbados levan senllas follas glaucas, alternas, pecioladas, acorazonado-triangulares, coas marxes finamente dentadas e rugosas polo envés. As flores aparecen solitarias nas axilas das follas, sostidas por un pedúnculo moito máis longo que o rabiño foliar; teñen cor apardazada, co beizo superior púrpura escuro. Froito globuloso, con 6 liñas de cor verde intensa que o percorren lonxitudinalmente. Florece na primavera.

Distribución e hábitat No Mediterráneo, Península Ibérica e en Macaronesia. Habita en cultivos, matogueiras aclaradas e zonas ruderalizadas. Xeófito.

Usos As súas infusións son excitantes, chegando a ser tóxicas a doses elevadas.

Taxonomía Aristolochia paucinervis foi descrita por Auguste Nicolas Pomel e publicada en Nouveau Materiaux pour la Flore Atlantique 1: 136. 1874.

Etimoloxía

Aristolochia: nome xenérico que deriva das palabras gregas aristos ( άριστος ) = "que é útil" e locheia ( λοχεία ) = "nacemento", polo seu antigo uso como axuda nos partos.Jepson Manual: AristolochiaMissouri Botanical Garden Porén, segundo Cicerón, a planta leva o nome dun tal "Aristolochos", que a partir dun soño, aprendera a utilizala como un antídoto para as mordeduras das serpes.

paucinervis: epíteto latino que significa "pouco veado".en Epítetos Botánicos

Sinonimia

Aristolochia longa subsp. paucinervis (Pomel) Batt.Aristolochia paucinervis en PlantList

Notas

Véxase tamén

Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Galicia