Xaviel Vilareyo y Villamil, nado en Mieres del Camín en 1967 e finado en Oviedo, o 19 de maio de 2015, foi un profesor, escritor e etnólogo asturiano. Pertencente á xeración literaria da década de 1990, coñecida como a "Xeración do compromiso".Arribada o la lliteratura visible
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Oviedo, foi un escritor políglota en castelán, asturiano e eonaviego. Profesor de instituto, narrador, poeta, dramaturgo, etnólogo e ensaísta, dirixiu moitas iniciativas culturais sobre a lingua, a literatura e a cultura asturiana.
Deuse a coñecer a través dunha Mención Especial recibida no "Premio Asturiano Joven de Poesía y Narrativa 1995" co seu primeiro poemario titulado "Cróniques del recuerdu". Capacitado para o ensino do asturiano pola Academia de la Llingua Asturiana, organizou os primeiros cursos de lingua asturiana fóra de Asturias, en Madrid, en 2001.
Publicou nas revistas literarias Pretexto, Lletres Asturianes, Lletres Lliterariu, Zimbru, Reloj de Area, Sietestrellu, Lliteratura, El Signo del Gorrión, Isla Desnuda, Amilamia, Calicanto, Poesía Toda, Estío, El Vendedor de Pararrayos, Texturas, e tamén ensaios en diversas revistas e colaboracións xornalísticas.
Apareceu nas antoloxías literarias: Muestra de nueva poesía, Cinco años de lliteratura asturiana, Unde letras falan e Na boca de todos. Publicou tamén o seu Manifiesto sobre la poesía ética, sendo ademais colaborador habitual de revistas como El canciu'l cuélebre, Lletres asturianes, Entrambasauguas, "N'ast" e Fusión. En 2009 conseguiu publicar Los ámbitos de la Nación Asturiana despois de dez anos. Neste libro sobre etnoloxía asturiana defende a reunificación territorial da nación asturiana, As Asturias, a unión cultural e política de todos os territorios asturianos. Como dramaturgo recibiu o Premio de Teatro da Academia de la Llingua Asturiana en 2009 pola súa obra "La fuxida".
Foi organizador da "Xunta de Escritores Asturianos" en Oviedo nos anos 2005, 2008, 2010 e 2012. Coordinou a edición dos libros El conceptu xeneracional (Trabe, 2007), Lliteratura asturiana y compromisu (Trabe, 2009) e Lliteratura asturiana, identidá y nación (Espublizastur, 2012). Os seus ensaios e traballos escritos principalmente en asturiano aparecen tamén en moitas antoloxías e libros colectivos como Cinco años de lliteratura asturiana (Norte, 1998); Muestra de nueva poesía (SPPA, 1998); Lletras novas (Xeira, 2000); Na boca de todos (Veiga, 2006); Unde letras falan (Atenea, 2006); Camín de Bimenes (Xébana, 2007). Fundador do Festival de Cinema Asturiano no ano 2005, certame que dirixiu coa idea de dar a coñecer e difundir o cinema asturiano. En 2009 publicou a Historia del cine asturianu. Coordinou a Xunta de Escritores Asturianos dende 2005.
Faleceu en 2016 aos 48 anos.Muere a los 48 años Xaviel Vilareyo, escritor en asturiano y profesor
Obra 1997, Cróniques del recuerdu. Editora del Norte, Mieres ISBN 84-88660-39-1 1998, Más que probable. Ediciones Vitrubio, Madrid ISBN 84-89795-12-6 1999, Os novos poemas. Xeira, A Caridá ISBN 0-00-228688-2 2001, El camín d'inquietú. Editora del Norte, Mieres ISBN 0-00-287052-5 2006, La causa más probable. Ediciones Trabe, Uviéu ISBN 84-8053-457-5 2008, Los ámbitos de la Nación Asturiana. Espublizastur, Xixón ISBN 978-84-935983-5-8 2009, Historia del Cine Asturianu. Espublizastur, Xixón ISBN 978-84-935983-6-5 2010, Doña Terina: Espublizastur. Xixón ISBN 978-84-937721-3-0 2011, La fuxida. ALLA, Uviéu ISBN 978-84-8168-514-5 2012, Les Asturies y el nacionalismu bascu. Espublizastur, Xixón (2012) ISBN 978-84-937721-3-1
Premios 1995: Mención Especial do Premio Asturiano de Lliteratura 1997: Premio de narrativa Valentín Andrés 1997: Premio Vila de Sarria de Poesía 1998: Premio Xeira de Narracióis 1999: Premio Elvira Castañón de Poesía en Asturiano. 2000: Finalista do concurso de poesía "Voces del Chamamé", co poemario La llende del Foranu'' 2009: Premio de Teatro da Academia de la Llingua Asturiana 2009: Mención Especial do Premio de Asturiano de Ensaio.
Notas
Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Mieres Categoría:Finados en 2005 Categoría:Escritores en lingua asturiana Categoría:Escritores de Asturias