O Torneo Lipstick (en finés Lipstick-turnaus) foi un torneo non oficial de hóckey sobre xeo feminino disputado en Finlandia entre 1978 e 1982. O equipo campión do torneo era considerado o campión non oficial de Finlandia.

Historia O hóckey sobre xeo feminino comezou a desenvolverse en Finlandia a principios da década de 1970, cando se crearon os primeiros equipos femininos, que carecían dunha competición organizada e era frecuente que os equipos de mulleres disputaran partidos contra equipos júnior masculinos, como ocorría no caso do Ilves.Panel de información da liga feminina de Finlandia no Museo finlandés do hóckey sobre xeo na primavera de 2023 (consultado o 30 de abril de 2023).

En 1978 creouse o Torneo Lipstick, un torneo sen carácter oficial no que competían os mellores equipos femininos de Finlandia e algúns equipos invitados procedentes de Norteamérica. O primeiro equipo campión foron as Mississauga Indians do Canadá. O torneo funcionou como campionato de Finlandia non oficial e celebrou a súa derradeira edición en 1982.Panel de descrición da copa do Torneo Lipstick na exposición do Museo finlandés do hóckey sobre xeo na primavera de 2023 (consultado o 30 de abril de 2023). Un ano despois naceu a Naisten SM-sarja, o campionato oficial de Finlandia organizado pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo.

Palmarés TempadaCampión 1978 Mississauga Indians 1979 12px|Espoo Jäähonka 1980 12px|Tampere Ilves 1981 12px|Tampere Ilves 1982 12px|Tampere Ilves

Notas

Categoría:Hóckey sobre xeo en Finlandia