A criomicroscopia é unha técnica na cal un microscopio está equipado de maneira que o obxecto que se pretende examinar poida ser arrefriado por debaixo da tempertura dunha habitación. Tecnicamente, a criomicroscopia implica a compatibilidade entre un criostato e un microscopio. A maioría dos criostatos fan uso dun fluído crioxénico como o helio líquido ou o nitróxeno líquido. Hai dúas motivacións comúns para realizar unha criomicroscopia. Unha é mellorar o proceso da microscopia estándar. A microscopia electrónica crioxénica, por exemplo, permite o estudo de proteínas limitando os danos causados pola radiación. Neste caso, a estrutura das proteínas pode que non cambie coa temperatura, pero o ambiente crioxénico permite a mellora do proceso de microscopia electrónica. Outra motivación para realizar unha criomicroscopia é aplicar a microscopia a un fenómeno producido a baixas temperaturas. Un microscopia de efecto túnel de varrido baixo un ambiente crioxénico, por exemplo, permite o estudo da superconductividade, a cal non se produce a temperaturas moderadas.
Historia
Aínda que os microscopios levan utilizándose desde hai séculos, a criomicroscopia é unha metodoloxía moderna. Na década de 1950, os cristais de xeo foron estudados instalando un microscopio electrónico dentro dun iglú. Arredor de 1980, a adaptación do microscopio electrónico, o baleiro e o criostato levaron á concepción do criomicroscopio moderno. Este desenvolvemento da microscopia crioelectrónica motivou a concesión do premio Nobel de Química de 2017 a Jacques Dubochet, Joachim Frank e Richard Henderson.
Microscopia electrónica crioxénica
A microscopia electrónica de varrido e a microscopia electrónica de transmisión levadas a cabo en condicións crioxénicas coñécense como cryo-SEM e cryo-TEM, respectivamente.
Microscopia óptica crioxénica
Os ambientes crioxénicos utilízanse en combinación con diferentes tipos de técnicas de microscopia óptica. Os ambientes crioxénicos tamén minimizan o branqueamento, o cal, á súa vez, mellora ocontaste da técnica de microscopia. O crecemento de cristais de xeo artificiais é, por exemplo, estudado por microscopia óptica. Con microscopio de luz polarizada, o efecto de birrefrinxencia de, por exemplo, estruturas de dominio ortorrómbico, poden observarse a temperaturas crioxénicas. No campo da bioloxía, o microsocpio de fluorescencia permitiu resolucións alén do límite de difracción. O premio Nóbel de Química de 2014 recibírono conxuntamente Eric Betzig, Stefan Hell e William E. Moerner polo desenvolvemento da microscopia de fluorescencia de super-resolución.
Notas
Categoría:Microscopios