miniatura|Bolboreta Graphium sarpedon, que contén pterobilina. A pterobilina é un pigmento biliar azul que se encontra nas bolboretas Nessaea spp., Graphium agamemnon, G. antiphates, G. doson e G. sarpedon. É un dos poucos pigmentos azuis que se encontran nas especies animais, xa que a maioría dos animais usan a iridescencia para crear a coloración azul. Outros pigmentos azuis de orixe animal son a forcabilina, utilizada por outras bolboretas do xénero Graphium e en Papilio phorcas e P. weiskei, e a sarpedobilina, que se encontra en Graphium sarpedon.

Rutas biosintéticas

A pterobilina 1 é un precursor químico da sarpedobilina 3 nas larvas do cuarto estadio de G. sarpedon por medio dunha dobre ciclación dos grupos vinilo centrais dos nitróxenos adxacentes. Na especie de bolboretas Pieris brassicae, prodúcese empezando con acetato e despois orixinando glicina e despois ácido δ-aminolevulínico, seguidamente coproporfirinóxeno III, que se transforma en protoporfirina IX e finalmente esta dá lugar a pterobilina.Rüdiger, W., Klose, W., Vuillaume, M., and Barbier, M. (1969). Experimentia, 25, 487-488.

A pterobilina 1 pode ser fototransformada en pterobilina 2 e 3 in vitro. A pterobilina 1 pode tamén ser rearranxada termicamente in vitro en forcabilina 2.Bois-Choussy, Michèle; Barbier, Michel (1978). Heterocycles 9, 677-690.

Funcións bioquímicas

A pterobilina de Pieris brassicaeBarbier, Michel, Bergerard, J., Hurpin, B., and Vuillaume, M. (1970). Comptes rendus de l'Académie des Sciences Paris, 271, 342-345.Vuillaume, M., and Bergerard, J. (1978). Chronobiologia, 5, 286-292.Vuillaume, M., and Dattée, Y. (1980). Archives de zoologie expérimentale et générale, 121, 159-164. pénsase que exerce un papel na fotorrecepción en diferentes estadios dese insecto para medir a duración da diapausa. Nos adultos desta especie crese que o composto ten un papel na transferencia de calor,Allyn, A. C., Barbier, Michel, Bois-Choussy, Michèle, and Rothschild, M. (1981). Antenna, Londres, 29-31. xa que as escamas alares nas que se acumula pterobilina son distintas morfoloxicamente dun modo que facilitaría a fotorrecepción.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Biliverdina

Bibliografía Rüdiger, W., Klose, W., Vuillaume, M., and Barbier, M. (1969). Bulletin De La Societe De Chimie Biologique, 51, 559-562. -->

Categoría:Pigmentos biolóxicos Categoría:Tetrapirrois