Javier Pardo Siota, nado en Allariz o 1 de outubro de 1996, é un piloto de rallys galego. Foi subcampión do Campionato de Europa de Rally en 2022, así como campión da categoría ERC2 en 2021. En 2025 proclamouse subcampión do Súper Campionato de España de Rallys, por detrás do asturiano José Antonio Suárez.

Traxectoria É fillo do antigo piloto de rallys Francisco Javier Pardo, que corría habitualmente o Campionato de España de Rallys de Terra a bordo dun Subaru Impreza. A súa irmá Melissa Pardo Siota fixo de copilota tanto para pai como para fillo.

Iniciou a súa carreira como piloto en 2014, participando cun Fiat Punto HGT e con Iván Domínguez como copiloto en dúas probas de rallymix, así como no seu primeiro rally, o Rally Eurocidade Tui-Valença, correspondente ao Campionato de Galicia. En 2015 correu numerosas probas, entre elas a maioría de rallys do certame galego e do Campionato de España de Rallys de Terra, encadrado neste último dentro da Copa Kobe a bordo dun Toyota Aygo. Ademais, debutou no nacional de asfalto, conducindo un Suzuki Swift no Rally de Ferrol. No 2016 correu a bordo dun Peugeot 208 R2 e co apoio de Rallycar e AR Vidal, disputou o nacional de terra así como algunhas probas de asfalto, competindo nas categorías R2 e Júnior. Rematou a tempada gañando tres títulos do nacional de terra: a Copa de España de Pilotos, a Copa de España 2RM e e o Trofeo Júnior.

Continuou a súa progresión no 2017, no que a pesar de non comezar da mellor maneira posible, consolidouse como un dos pilotos máis rápidos do nacional de asfalto, acabando sétimo na xeral e proclamándose campión da categoría de dúas rodas motrices, da categoría júnior e da categoría R2. Durante esta campaña comezou a correr con Adrián Pérez, o seu copiloto habitual dende entón.

Na tempada 2018 deu un xiro á súa carreira, fichando polo equipo Suzuki co que disputou o Campionato de España de Rallys aos mandos dun Suzuki Swift R+ N5, rematando como campión júnior. Pola súa banda, disputou tamén o nacional de terra, conseguindo na segunda proba o seu primeiro podio absoluto nun rally, ao quedar terceiro en Pozoblanco. Obtivo bos resultados nas restantes probas e proclamouse subcampión absoluto, só por detrás de Xavi Pons, así como campión nas categorías júnior e N5. Disputou ademais o Rally Cristian López Herrero en Cantabria, conseguindo a súa primeira vitoria nun rally.

Na campaña 2019 seguiu vinculado ao equipo Suzuki no Campionato de España de Rallys, subindo por primeira vez ao podio no Rali do Cocido e rematando quinto na xeral do campionato. Logrou tamén varios podios no certame de terra, conducindo un Škoda Fabia R5, revalidando o seu título júnior do ano anterior e rematando de novo como subcampión absoluto, outra vez por detrás de Pons. En 2020 competiu cunha nova montura, un Suzuki Swift R4lly S, co que repetiu o quinto posto do nacional de asfalto e sumou un novo título júnior.

Comezou o 2021 cun terceiro posto na primeira proba do Súper Campionato de España, no Rally Serra Morena, e a continuación pasou a competir no Campionato de Europa de Rally, encadrado na categoría ERC2 a bordo do Suzuky R4lly S . Logrou a vitoria da súa clase nos seis rallys nos que participou (Polonia, Roma Capitale Azores, Serras de Fafe e Felgueiras, Hungría e Illas Canarias), proclamándose así campión do ERC2 de xeito incontestable. En 2022 pasou a disputar a categoría absoluta do Campionato de Europa, ao mando dun Skoda Fabia Rally 2. Puntuou en tódalas probas da competición, unha regularidade que lle valeu para acabar na segunda posición da xeral, superado só por Efrén Llarena.

En abril de 2023 conseguiu a súa primeira vitoria a nivel nacional, na segunda proba do Súper Campionato de España de Rallys, o Rally Terras Altas de Lorca, onde superou a José Antonio Suárez para se colocar líder da competición. Subiu ao podio tamén no Rally de La Nucía e no Rally Ciudad de Pozoblanco, pechando a tempada na cuarta posición. En 2024 fichou polo Recalvi Team de Chema Rodríguez, iniciando o Súper Campionato a bordo dun Alpine A110 e con David de la Puente como copiloto. Obtivo un sexto posto en Serra Morena e tras accidentarse no Rally Illas Canarias, pasou a competir nun Škoda Fabia RS Rally2. A continuación foi segundo no Rally de Ourense e cuarto tanto no Rías Baixas como no Rally Cataluña, acabando a tempada na sexta posición.

Na tempada 2025 deu un gran salto adiante na súa carreira, acabando entre as dúas primeiras posicións nos seis rallys do Súper Campionato nos que participou. En xuño conseguiu unha histórica vitoria no Rally de Ourense, a primeira dun piloto da provincia de Ourense en máis de catro décadas, dende a vitoria de Peitos en 1982. Chegou á derradeira proba, o Rally de La Nucía, con opcións de ser subcampión por detrás do xa coroado José Antonio Suárez, e liderou a proba a partir do sexto treito, pero unha rotura na caixa de cambios na penúltima especial relegouno á segunda posición por detrás do seu compañeiro Jorge Cagiao. Con todo, o piloto naronés acabou penalizando adrede para que a vitoria fose finalmente para Pardo, que deste xeito se proclamou subcampión de España.

A pesar dos seus bos resultados na tempada 2025, para o 2026 anunciou que non competiría, ao non contar con financiamento suficiente.

Resultados

Campionato de Europa Ano Equipo Automóbil 1 2 3 4 5 6 7 8 Puntos Pos 2021 Suzuki Motor Ibérica Suzuki Swift R4LLY S POL 23 LIE ROM 26 ZLI AZO10 FAF16 HUN 17 CAN23 7 41º 2022Team MRF Tyres Škoda Fabia Rally2 evo FAF4 AZO13 CAN7 POL9 LIE 8 ROM 7 ZLI10 CAT3 99 2º

S-CER Ano Equipo Automóbil 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 once 12 13 Puntos Pos 2019 Escudería Ourense Škoda Fabia R5 LOR2 CAN TDA3 AST3 GRA2 MAD Ret 19 4º Suzuki Motor Ibérica Suzuki Swift Sport R+ OUR3 PDARet 2020 Suzuki Motor Ibérica Suzuki Swift R4LLY S LOR FER3 NUC5 MAD CAN5 40 7º Escudería Ourense Ford Fiesta Rally4 TDARet 2021Suzuki Motor Ibérica Suzuki Swift R4LLY S SMO3 LOR ADE TDA FER4 PDA LLA MAD POZ NUC CAN11 LEO 66 - Suzuki Swift Sport MK6 OUR18 2023Team MRF Tyres Hyundai i20 N Rally2 SMO5 LOR1 CAN POZ OUR PDA LLA CAT NUC 61 1º

CERT AnoEquipoAutomóbil 1 2 3 4 5 6 7 8 Puntos Pos 2015 Escudería Ourense Fiat Punto HGT LOR8 38 16º Toyota Aygo NAV6 CURRet BIERet CER EXT MALRet 2016Escudería Ourense Peugeot 208 R2 LOR16 NAV8 MAN9 BIE7 CER9 EXT12 CTG POZ 101 7º 2018Escudería Ourense Mitsubishi Lancer EvoX LOR14 165 2º Suzuki Motor Ibérica Suzuki Swift R+ POZ3 VOL6 TDA7 CER5 NAV4 GRA6 MAD7 2019Escudería Ourense Škoda Fabia R5 LOR2 POZRet TDA4 AST3 GRA2 VOL 138 2º Suzuki Swift Sport R+ NAV9

CERA Ano Equipo Automóbil 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 once Puntos Pos 2016Escudería Ourense Peugeot 208 R2 CAN ADE SMO FER32 CNT OUR18 PDA16 LLA14 NUC10 MADRet 29 25º 2017Escudería Ourense Peugeot 208 R2 SMO12 CANRet ADERet OUR10 FER8 PDA7 LLA11 CNT5 NUC7 MAD10 126.6 7º 2018Suzuki Motor Ibérica Suzuki Swift R+ N5 COC4 SMO5 CAN9 ADE7 OURRet FER6 PDARet LLA5 CNT6 NUCRet MAD19 136 6º 2019Suzuki Motor Ibérica Suzuki Swift Sport R+ SMO Ret CAN ADE6 OUR4 COC3 FER PDARet LLA4 CNT4 NUC5 MADRet 148 5º 2020Suzuki Ibérica Motorsport Suzuki Swift R4lly S OUR6 FER6 PDA7 NUC7 CAN11 80 5º

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio web oficial

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Allariz Categoría:Pilotos de rally de Galicia