Marisol Salanova nada en Valencia o 21 de outubro de 1982, é unha comisaria e crítica de arte española.
Traxectoria Marisol Salanova é licenciada en Filosofía pola Universidade de Valencia e máster en Produción Artística pola Universidade Politécnica de Valencia. Dedicou a súa carreira profesional á comunicación artística, a crítica de arte e comisariado de exposicións. Traballa de forma habitual como redactora e colaboradora de medios como Cadea Ser, ABC Cultural, Diario Levante, Revista Mirall e Descubrir a arte. En 2012, xunto a Javier Castro, fundou Micromegas, unha editorial independente especializada en ensaio sobre teoría da arte e estudos culturais, que codirixó durante 8 anos.Como crítica participou tamén en catálogos e libros de artista.
Salanova tamén se desenvolve como docente e asesora de artistas e coleccionistas. Traballa desde unha perspectiva de xénero, "concibindo ao artista como activista, velando polos intereses de todo axente cultural implicado en cada proxecto con equidad e trato horizontal, rompendo o estereotipo do comisariado por encima da creación artística".
No ano 2021 foi a comisaria de "NFTsART. Convocatoria de criptoarte para artistas dixitais” onde levaron adiante diferentes coloquios sobre NFTs e criptoarte. Dentro dos seus traballos destaca a comunicación que fai da arte en redes sociais como Instagram ou TikTok.
Obras publicadas
La crítica de arte en la actualidad. 2024. ISBN 978-84-460-5613-3 Inteligencia artística. 2023. EAN 9788419271891 Innovación desde el museo: ensayos sobre emergencia cultural (coordinadora). 2021. ISBN 978-84-482-6611-0 Enterrados. El ocaso de los cuerpos. 2015. EAN 9788494054549 Postpornografía. 2012. ISBN 978-84-15107-29-3
Obras colectivas
Comisariado ¿pedagógico? 2022. ISBN 978-8413525938 La escalera de Jacob. 2018. ISBN 9788494953910
Notas
Véxase tamén Outros artigos
MAV
Centre do Carme
Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1982 Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia Categoría:Críticos da arte